Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 1995 Páx. 2.888

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ARZÚA

CÉDULA de citación (47/1995).

En virtude do disposto pola xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa, Dolores de los Ríos Andérez, nos autos de xurisdicción voluntaria sobre nomeamento de contador partidor dativo, número 47/1995, promovidos por Carmen Tarrío Bao e Antonio Balado Mosquera, cítense os herdeiros descoñecidos e incertos de Agustín Tarrío Bao, para que próximo día oito de maio de mil novecentos noventa e cinco, ás 10.30 horas, comparezan perante este xulgado para proceder á designación de contador partidor dativo da herdanza de José Tarrío Álvarez e a súa dona Josefa Bao Ramos.

E para que sirva de citación en legal forma ós herdeiros descoñecidos e incertos e para a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia, expido e asino a presente cédula en Arzúa o seis de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria

Rubricado