Visto o expediente incoado na sección de industria desta delegación provincial por petición de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., con domicilio en Lugo, Cidade de Viveiro, 4-1º, no que solicita autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de media tensión, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2619/1966 sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e conforme o disposto no Real decreto 2634/1980, do 31 de xullo, sobre transferencia de competencias da Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de industria.
Esta delegación provincial resolveu autorizar a Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. a instalación eléctrica que ten como características principais as seguintes: liñas de media tensión 20 kV,
orixe na L.M.T. Lugo-Rábade e na derivación a C.T. Constante e final nos centros Ramil 1 e Ramil 3, respectivamente, cunhas lonxitudes de 30 e 207 metros. Centros de transformación, tres, de 100 kVA. Liñas de baixa tensión, conductores R.Z.-95-50-25 apoios de formigón ou sobre fachada, para mellora da subministración en Ramil-Tirimol, concello de Lugo.
Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación, do 20 de outubro de 1966.
Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres o seu peticionario non conte coa aprobación do proxecto de execución, logo de cumpri-los trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.
Lugo, 5 de decembro de 1994.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo