Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 1995 Páx. 2.878

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 13 de marzo de 1995 pola que se autoriza o cambio de titularidade do centro privado Xénesis da Coruña.

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado Xénesis da Coruña en solicitude de cambio de titularidade do devandito centro.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que se uniron a el os documentos esixidos e que a petición foi informada favo

rablemente pola Inspección de Educación e pola propia delegación provincial.

Resultando que o referido centro docente ten a correspondente autorización para impartir ensinanzas.

Vistos o Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro (BOE do 27) o Real decreto 332/1992, do 3 de abril (BOE do 9) e demais disposicións complementarias.

Considerando que se cumpriron neste expediente tódolos requisitos esixidos pola normativa vixente nesta materia.

Esta consellería,

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de titularidade do centro privado Xénesis da Coruña a favor de Francisco Díaz Olleros, con tódolos dereitos e obrigas contraídos polo cesionista José Manuel Álvarez Oliveira y Otro, S.C., sen prexuízo das responsabilidades que poidesen recaer sobre a anterior titular do centro por actos ou omisións realizados antes do cambio de titularidade que se autoriza.

O cambio de titularidade non afectará ó réxime de funcionamento do centro.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria