Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 1995 Páx. 2.878

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que estima parcialmente o recurso ordinario número 93-1398, interposto por José Alberto Aguin Magdalena actuando en nome propio e tamén en representación da entidade mercantil Jolva, S.L.; Carlos Barbeito Fernández e Antonio Autón García, contra acordo da Comisión Provincial de Urbanismo de Pontevedra do 12 de febreiro de 1993, denegatorio da aprobación definitiva do plan parcial, en desenvolvemento do S.A.U.-N.R. en Montalbo, concello de Sanxenxo promovido por Jolva, S.L.

De conformidade co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase a resolución dictada por José Cuíña Crespo, conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no día 14 de marzo de 1995 pola que estima parcialmente o recurso ordinario nº 93-1398, interposto por José Alberto Aguin Magdalena actuando en nome propio e tamén en representación da entidade mercantil Jolva, S.L.; Carlos Barbeito Fernández e Antonio Autón García, contra acordo da Comisión Provincial de Urbanismo de Pontevedra do 12 de febreiro de 1993, denegatorio da aprobación definitiva do plan parcial, en desenvolvemento do S.A.U.-N.R. en Montalbo, concello de Sanxenxo promovido por Jolva, S.L., da que a parte dispositiva di:

«Estimar parcialmente o recurso ordinario número 93-1398, interposto por José Alberto Aguin Magdalena actuando en nome propio e tamén en representación da entidade mercantil Jolva, S.L.; Carlos Barbeito Fernández e Antonio Autón García, contra acordo da Comisión Provincial de Urbanismo de Pontevedra do 12 de febreiro de 1993, denegatorio da

aprobación definitiva do plan parcial, do S.A.U.-N.R. en Montalbo, concello de Sanxenxo, promovido por Jolva, S.L.; e, en consecuencia, ó amparo do disposto no artigo 132 b) do Regulamento de planeamento, suspéndese a aprobación do plan para a corrección das seguintes deficiencias:

1ª Deberá preverser nas determinacións do plan e na súa documentación gráfica unha parcela de 1.000 m para equipamento docente.

2ª Completa-lo anexo segundo da memoria do plan no seu epígrafe 1.8.3.5 especificando as súas fontes de financiamento nos termos do artigo 46 d) do Regulamento de planeamento.

3ª Incorporación ó plan do informe favorable do organismo competente, que esixe o artigo 53.5º do Regulamento de planeamento, para execución dos vertidos á canle pública.

4ª Resolver no plan a contradicción sobre a obriga de conservación da urbanización, aclarando se corresponde ós propietarios ou ó concello.

Unha vez corrixidas as deficiencias precedentes elévase novamente o expediente á Comisión Provincial de Urbanismo de Pontevedra para a súa aprobación definitiva.

Contra esta resolución, que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, lembrándolle que debe comunicar previamente a esta consellería a devandita interposición conforme o artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común».

Os interesados podrán comparecer nas oficinas da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, sita nos edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 1995.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda