Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 1995 Páx. 2.877

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 99/1995, do 31 de marzo, polo que se declara a utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola obra de clave CS-03-14-88/376-M, modificado número 1 do de urbanización xeral no porto de Muxía.

Con data 27 de xaneiro de 1995 o director xeral de Obras Públicas aprobou o proxecto de modificado nº 1 do de urbanización xeral no porto de Muxía.

Os bens e dereitos nos que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectua-la declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia, en virtude do artigo segundo do Decreto 167/1982, do 1 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de portos, e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

En virtude de todo o exposto, e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación co previsto no artigo 8 da Lei 25/1988, do 29 de xullo, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, logo de deli

beracion do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta e un de marzo de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declara-la utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios que se concretan no expediente administrativo instruído, para efectos de expropiación, no proxecto da obra de clave: CS-03-14-88/376-M, modificado nº 1 do de urbanización xeral no porto de Muxía.

Santiago de Compostela, trinta e un de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda