Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 1995 Páx. 2.877

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 1995, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se modifican as listas para a cobertura con carácter temporal dos postos correspondentes a persoal laboral da categoría 2 do grupo IV, e a funcionarios do corpo subalterno -grupo E- da Administración xeral da Xunta de Galicia.

Por acordo do 5 de agosto de 1994 da Comisión Permanente de Selección de Persoal, fíxose pública a lista para a cobertura con carácter temporal dos postos de traballo reservados a persoal laboral da categoría 2 do grupo IV da Xunta de Galicia, no dito acordo figuraba incluída Elisabeth González López.

Sen embargo, con anterioridade a interesada expresara a súa renuncia á referida inclusión, así como a súa solicitude de figurar na lista correspondente a funcionarios do corpo subalterno -grupo E- da Administración xeral da Xunta de Galicia, xa que tiña aprobado sen praza as probas correspondentes de acceso ó dito corpo (artigo 12 a) do Decreto 252/1992, do 30 de xullo. A pesar desta solicitude realizada en tempo e forma, a interesada non se atopa na lista feita pública polo acordo do

18 de abril de 1994 da Comisión Permanente de Selección de Persoal.

Polo tanto, respecto a Elisabeth González López, ó amparo dos artigos 105 e 106 da Lei 30/1992 procede:

1. Modifica-las listas do corpo subalterno de Administración xeral da Xunta de Galicia, no sentido de figurar:

-En el puesto nº 76 para el ámbito territorial de Servicios Centrais.

-No posto nº 71 para o ámbito territorial da Coruña.

-No posto nº 52 para o ámbito territorial de Lugo.

-No posto nº 47 para o ámbito territorial de Ourense.

-No posto nº 62 para o ámbito territorial de Pontevedra.

2. Modifica-la lista da categoría 2 do grupo IV do persoal laboral no ámbito da Coruña no sentido de excluí-la interesada dela.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 1995.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA