Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 1995 Páx. 2.876

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 29 de marzo de 1995 pola que se convoca concurso de premios entre escolares de niveis non universitarios para a elaboración de carteis ou debuxos e traballos de redacción sobre a educación do consumidor en conmemoración do Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.

Con motivo da conmemoración, o 15 de marzo, do Día Mundial dos Dereitos do Consumidor, a Consellería de Industria e Comercio, a través da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros, conscientes da necesidade de forma-los alumnos e alumnas da Comunidade Autónoma galega de cara á adquisición do espírito crítico que lles permita enfrontarse ás múltiples e diversas ofertas da sociedade de consumo, e optar de maneira libre e responsable, convocan para o ano 1995 un concurso de premios de carteis ou debuxos e de traballos de redacción sobre a educación do consumidor na escola, invitando os escolares galegos a reflexionar sobre a sociedade de consumo e a que utilicen como medio a creación artística e literaria.

Por todo isto, por proposta das consellerías de Industria e Comercio e de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPOÑO:

Convocar un concurso de carteis ou debuxos e traballos de redacción, en materia de educación do consumidor de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Poderán participar neste concurso tódolos alumnos e alumnas matriculados en centros de niveis educativos non universitarios da Comunidade Autónoma galega.

Segunda.-Os premios distribuiranse do modo seguinte:

-Un premio para o mellor cartel ou debuxo do alumnado de educación infantil, dotado con 75.000 pesetas, das cales 25.000 pesetas se investirán na adquisición de material didáctico, lúdico, etc., para o gañador ou gañadores e 50.000 pesetas serán para o centro onde curse os seus estudios.

-Un premio para o mellor cartel ou debuxo realizados por alumnos ou alumnas do ciclo inicial de educación básica, dotado con 100.000 pesetas, das cales 40.000 pesetas se investirán na adquisición de material didáctico, lúdico, etc., para o gañador ou gañadores e 60.000 pesetas serán para o centro onde curse os seus estudios.

-Un premio para o mellor traballo de redacción dos alumnos ou alumnas do ciclo medio de educación básica, dotado con 100.000 pesetas, das cales

40.000 pesetas se investirán na adquisición de material didáctico, lúdico, etc., para o gañador ou gañadores e 60.000 pesetas serán para o centro onde curse os seus estudios.

-Un premio para o mellor traballo de redacción dos alumnos ou alumnas do ciclo superior de educación básica, dotado con 120.000 pesetas, das cales 50.000 pesetas se investirán na adquisición de material didáctico, lúdico, etc., para o gañador ou ganadores e 75.000 pesetas serán para o centro onde curse os seus estudios.

-Un premio para o mellor traballo de redacción para o nivel educativo de ensinanzas medias (formación profesional, bacharelato, COU), dotado con 150.000 pesetas; das cales 65.000 pesetas se investirán na adquisición de material didáctico, lúdico, etc., para o gañador ou gañadores e 85.000 pesetas corresponderán o centro ó que pertenza.

-Un premio para o mellor cartel ou debuxo presentado por alumnos e alumnas de escolas de arte, dotado con 150.000 pesetas, das cales 65.000 pesetas se investirán na adquisición de material didáctico, lúdico, etc., para o gañador ou gañadores e 85.000 pesetas serán para a escola onde curse os seus estudios.

Tódalas contías correspondentes ós centros deberán investirse na compra de material didáctico.

Terceira.-O prazo de presentación dos traballos finaliza o día 15 de xuño de 1995.

Cuarta.-Os traballos deberanse presentar no rexistro xeral da Consellería de Industria e Comercio, ou nas súas delegacións provinciais, sendo en todo caso de aplicación o disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dirixidos ó director xeral de Comercio e Consumo, acompañados dun certificado do centro onde o/os concursante/s efectúe/n os seus estudios, nos que consten os datos do alumno, nivel educativo, curso, ciclo ou modalidade que realiza.

Quinta.-A temática deberá versar sobre algún destes temas: auga, medio ambiente, publicidade, seguridade infantil, xoguetes ou lecer.

Sexta-Os traballos serán individuais ou colectivos, cun número máximo de catro alumnos e cunhas dimensións máximas de 0,80x0,70 m para os carteis ou debuxos e unha extensión máxima de tres follas a dobre espacio por unha soa cara para os traballos de redacción.

Sétima.-A Consellería de Industria e Comercio aportará 350.000 pesetas e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria aportará 350.000 pesetas. Os premios que se concedan faranse efectivos con cargo á aplicación orzamentaria 08.03.343A.640.1 da Dirección Xeral de Comercio e Consumo; 0.03.322B.226.09 da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros.

Oitava.-A concesión dos premios farase por proposta dun xurado nomeado polos directores xerais

de Comercio e Consumo, e de Ordenación Educativa e Centros.

Novena.-A decisión do xurado, que será publicada no Diario Oficial de Galicia, será inapelable e poderán ser declarados desertos calquera dos premios anunciados ou, se é o caso, e se o xurado o determina, ser acumulados entre si, ou, compartidos segundo a súa calidade.

Décima.-A participación no concurso supón a aceptación de tódalas súas bases, así como a cesión do dereito da propiedade no caso dos carteis ou debuxos e os traballos de redacción gañadores, nos que poderán introducirse as variacións que se consideren máis adecuadas á súa finalidade.

Disposición derradeira

Nos aspectos non previstos na presente orde haberá que aterse ó disposto na Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, no artigo 35 da Lei 6/1994, do 29 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 1995, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 1995.

Antonio Couceiro MéndezJuan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Industria eConselleiro de Educación e

ComercioOrdenación Universitaria

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

Sr. Director Xeral de Comercio e Consumo.

Sr. Director Xeral de Ordenación Educativa e Centros