Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 1995 Páx. 2.874

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 98/1995, do 31 de marzo, polo que se nomean os membros do Consello Social da Universidade de Vigo.

A Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto (BOE nº 209, do 1 de setembro), de reforma universitaria, recolle no seu artigo 14 o consello social como un órgano de participación da sociedade na universidade, remitindo en canto á súa composición, respecto dos intereses sociais e número total de membros, a unha lei da Comunidade Autónoma correspondente.

A Lei 5/1987, do 27 de maio, do Consello Social da Universidade e do Consello Universitario de Galicia (DOG nº 103, do 2 de xuño), crea o consello social da universidade como órgano colexiado de goberno universitario que garante a participación da sociedade na vida universitaria galega.

Os artigos 3, 5 e 6 da Lei 5/1987, determinan a composición do consello social, o procedemento

de elección dos representantes da Xunta de Goberno da universidade e o xeito de designación dos membros representantes dos intereses sociais respectivamente.

Pola súa banda, a disposición transitoria sexta da Lei 11/1989, do 20 de xullo, de ordenación do sistema universitario de Galicia (DOG nº 156, do 16 de agosto), prevé a constitución do consello social.

A Universidade de Vigo, no uso das súas competencias, procedeu á elección do rector e dos órganos colexiados, remitíndolle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a designación dos representantes que lle corresponden pola Xunta de Goberno no Consello Social segundo o disposto no artigo 7 da Lei 5/1987.

Cada un dos organismos e entidades previstos no artigo 6 da Lei 5/1987, remitiulle así mesmo á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a comunicación coa designación dos representantes dos intereses sociais ó abeiro do disposto no artigo 7 da devandita lei. E, así mesmo, recibiuse xa, nesta consellería, en cumprimento dos artigos 6.2º e 8, o documento preceptivo de non ter incorrido en incompatibilidade.

Procede, pois, de acordo cos artigos 4 e 7 da mesma lei o nomeamento dos membros do Consello Social da Universidade de Vigo.

Na súa virtude, en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, vistas as designacións presentadas por cada un dos organismos e entidades correspondentes, por proposta formulada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria segundo o establecido no artigo 7 da Lei 5/1987, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta e un de marzo de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Nomea-los membros do Consello Social da Universidade de Vigo, que queda integrado polas seguintes persoas:

I) En representación da Xunta de Goberno da Universidade de Vigo:

1. José Antonio Rodríguez Vázquez, rector da universidade.

2. Xosé Luis Legido Soto, secretario xeral da universidade.

3. Jesús Graña Nogueiras, xerente da universidade.

4. José Pose Blanco, membro da Xunta de Goberno.

5. José Santos Suárez, membro da Xunta de Goberno.

6. Milagros Cavada Nieto, membro da Xunta de Goberno.

7. María Luisa Alonso Escontrela, membro da Xunta de Goberno.

8. Ricardo Varela Caride, membro da Xunta de Goberno.

9. Alfredo López Concepción, membro da Xunta de Goberno.

10. Cándido Pérez Betanzos, membro da Xunta de Goberno.

II) En representación dos intereses sociais de Galicia:

a) Designados polo Parlamento de Galicia:

11. Manuel Bermúdez Couso.

12. Antonio Gómez Rodríguez.

13. Mª del Carmen Larriba García.

14. José Bernardo López Abadín.

15. Antonio Pol González.

16. Mª Teresa del Rosario Vidal Gallego.

b) Designados pola Xunta de Galicia:

17. Armando Priegue Guerra.

18. Fernando Conde Montero-Ríos.

19. Ernesto Baltar Feijoo.

20. Alberto Iglesias Díaz.

21. José Rojo Salgado.

c) Designados polos sindicatos:

22. Rogelio Mariño Leiro, pola Unión Xeral de Traballadores de Galicia.

23. Emilio Miguel Bellas Jiménez, por Comisións Obreiras de Galicia.

d) Designados polas organizacións empresariais:

24. Guillermo Alonso Jáudenes, pola Confederación de Empresarios de Galicia.

25. Mª del Pilar Touriño Vázquez, pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Artigo 2º

Nomear presidente do Consello Social da Universidade de Vigo a Armando Priegue Guerra.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trinta e un de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribame

Presidente

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria