Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 1995 Páx. 2.879

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 1994, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se declara de utilidade pública o establecemeto da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4151 A.T.).

Visto o expediente incoado na sección de industria desta delegación provincial por petición de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., con domicilio en Lugo, Cidade de Viveiro, 4-1º, no que solicita autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de media tensión, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do, Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e conforme o disposto no Real decreto 2634/1980, do 31 de xullo, sobre transferencia de competencias da Administración do Estado á Xumta de Galicia en materia de industria.

Esta delegación provincial resolveu autorizar a Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. a instalación eléctrica que ten como características principais as seguintes: liñas de media tensión 20 kV, cunha lonxitude de 1.091 metros a de Vereda, 909 metros a de Condado e 65 metros a de Vilar, apoios de formigón e conductores LA-30, orixe na L.M.T. Veiga e na L.M.T. Vereda e final nos centros Vereda, Condado e Vilar. Centros de transformación de 50 kVA cada un, 20.000-10.000, 380/220 V. Redes de baixa tensión, con apoios de formigón e conductores R.Z.-25-50-95, no concello de Castro de Rei.

Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións

en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación, do 20 de outubro de 1966.

Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres o seu peticionano non conte coa aprobación do proxecto de execución, logo de cumpri-los trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.

Lugo, 29 de decembro de 1994.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo