Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 1995 Páx. 2.861

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (384/1992).

Eu, María Alicia Mansilla Pérez, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado do meu cargo se seguen autos de executivo outros títulos número 384/1992, seguidos por instancia de Banco Central Hispanoamericano, S.A., representado pola procuradora María Jesús Fernández Rial López, contra Ángel Lourido Mosquera e Francisco José Barreiro Lojo, do que ignora o domicilio, sobre reclamación de certa cantidade. E no ditos autos se dictou sentencia cun encabezamento e decisión que son do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o dez de maio de mil novecentos noventa e tres. Vistos por S.Sª. os presentes autos de executivo outros títulos número 384/1992, seguidos por instancia de Banco Central Hispanoamericano, S.A., con DNI/CIF A-28000446, domiciliado na rúa de Alcalá, 49 (Madrid), representado pola procuradora María Jesús Fernández Rial López, contra Ángel Lourido Mosquera e Francisco José Barreiro Lojo.

Decido que, estimando integramente a demanda interposta pola procuradora María Jesús Fernández Rial López, en representación de Banco Central Hispanoamericano, S.A., debo mandar e mando seguir adiante a execución dos bens embargados ós demandados Ángel Lourido Mosquera e Francisco José Barreiro Lojo, ata facer remate deles e co seu pro

ducto enteiro e cumprido pagamento ó acredor da suma de 1.537.386 ptas., por principal debido á executante como principal e xuros producidos mailo xuro legal ata que se fixer efectivo pagamento do principal, condenando así mesmo á dita parte demandada ó pagamento das custas causadas e que se causen ata a súa total e completa liquidación, as cales foron orzadas en 800.000 ptas., o que suma un total de 2.337.386 ptas.

Envíese testemuño desta sentencia ós autos de que dimana e notifíquese ó demandado rebelde na forma ordinaria de non solicita-la demandante a notificación persoal no termo de tres días, fáiselles saber ás partes que contra esta resolución se poderá interpor recurso de apelación perante a Audiencia Provincial da Coruña no termo de cinco días. Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado e rubricado».

E para que sirva de notificación en forma á parte demandada, Ángel Lourido Mosquera, do que se ignora o domicilio, emítese este edicto en Santiago de Compostela, trece de abril de mil novecentos noventa e catro.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado