Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 1995 Páx. 2.860

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (427/1992).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos de que se fará mención se dictou a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva di así:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o vinte de abril de mil novecentos noventa e catro.

Vistos por Alicia Mansilla Pérez, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Intrucción número

catro dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 427/1992, seguidos por lesións en accidente de tráfico; sendo denunciantes/ados: Luis Ayude Pazos, Esteban del Río Nadal, Cía. de Seguros Schweiz, representada polo procurador Regueiro Muñoz, Consorcio compensación de Seguros, Routsantiago, maior de idade, sendo parte igualmente o Ministerio Fiscal.

Decido que debo absolver e absolvo a Esteban del Río Nadal, da falta de lesións por imprudencias que se lle imputa, con declaración das custas de oficio; dictándose firme esta resolución auto executivo acordando a cantidade que percibirá o prexudicado Luis Ayude Pazos.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación que se interpoñerá no prazo de cinco días desde a súa notificación perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e sirva de notificación en legal forma á entidade Routsantiago, a cal se encontra en ignorado paradoiro, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o sete de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado