Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 1995 Páx. 2.860

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (262/1993).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos de que se fará mérito se dictou a sentencia co encabezamento e parte dispositiva que din así:

«Sentencia. Santiago de Compostela, un de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos do xuízo verbal de faltas número 262/1993, seguidos por agresión; sendo denunciantes Josefa de los Ángeles Alonso Leiro e Rosa María Iglesias Ferreira, maior de idade, e aparecendo como parte denunciada Gumersindo Pampín Tojo, Casimiro Pampín Tojo e Manuel Salgueiro Vázquez, maior de idade, sendo parte igualmente o Ministerio Fiscal,

Resolvo que debo absolver e absolvo libremente a Gumersindo Pampín Tojo, Casimiro Pampín Tojo e Manuel Salgueiro Vázquez da falta inicialmente imputada sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil, declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación, que se poderá interpoñer no prazo de cinco días desde a súa notificación, perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e lle sirva de notificación en legal forma a Rosa María Iglesias Ferreira, que se encontra en ignorado paradoiro, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o seis de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado