Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 1995 Páx. 2.860

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (219/1990).

Camilo José García-Puertas Magariños, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dá fe de que nos autos de xuízo executivo número 219/1990, seguidos neste xulgado, se dictou a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o vinteseis de setembro de mil novecentos noventa e catro. Vistos por Leonor Castro Calvo, a maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo executivo número 219/1990, promovidos por Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, e defendido polo letrado, contra Porfirio Sergio Piñeiro Pazos, Cristina Pazos de Piñeiro e Rodolfo Piñeiro Pazos, declarados en rebeldía, sobre reclamación de cantidade.

E que na súa parte dispositiva di: que debo mandar e mando segui-la execución adiante, ata facer remate dos bens embargados e que no sucesivo poidan embargarse ós debedores Porfirio Sergio Piñeiro Pazos, Cristina Pazos de Piñeiro e Rodolfo Piñeiro Pazos, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento ó acredor da cantidade de 1.583.936 pesetas de principal, máis 800.000 pesetas calculadas, sen prexuízo de definitiva liquidación, para xuros e custas causadas e que se causen, as cales expresamente impoño á parte demandada. Líbrese e únase certificación desta resolución ás actuacións, incluíndose a orixinal ó libro de sentencias. Contra esta resolución cabe interpoñer perante este xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días. Así por esta miña sentencia, que será notificada ós demandados na forma e modo que prevén a lei para os rebeldes, definitivamente xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para a súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma ós demandados Porfirio Sergio Píñeiro Pazos e Cristina Pazos de Piñeiro, ámbolos dous en ignorado paradoiro, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o vinte de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA