Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 1995 Páx. 2.861

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DE OVIEDO

CÉDULA de notificación (1087/1994).

María Jesús González González, secretaria do Xulgado do Social número tres de Oviedo, certifico que nos autos 1087/1994, seguidos entre a Fundación Laboral de la Construcción del Principado de Asturias representada pola Lda. Álvarez Solar, contra Eduardo Toribio García Pérez, incomparecido, dictouse sentencia, sobre cantidade, de data 31 de xaneiro de 1995, que na parte dispositiva di literalmente:

«Decido por todo o exposto no exercicio da potestade conferida a este órgano xurisdiccional, por mandato do artigo 117.3º da Constitución española, adóptase a seguinte decisión:

Estima-la demanda formulada pola Fundación Laboral de la Construcción del Principado de Asturias, contra Eduardo Toribio García Pérez, condenando a esta parte a que lle aboe á demandante a cantidade de 45.625 ptas., en concepto de aportacións empresariais obrigatorias non ingresadas durante o período litixioso, máis outras 9.125 ptas. en concepto de recargo.

Incorpórese esta sentencia ó correspondente libro, expídase certificación literal dela para a súa constancia nos autos de referencia e notifíqueselles ás partes, con indicación de que é firme por non caber

contra ela ningún recurso. Asinado: Ramón García Arozamena».

E para que conste e lle sirva de notificación á empresa demandada, Eduardo Toribio García Pérez, en paradoiro ignorado, expido esta cédula en Oviedo o 27 de febreiro de 1995.

Rubricado