Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 1995 Páx. 2.818

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de poxa.

Obxecto.-De conformidade co acordado na sesión plenaria celebrada o día 31 de marzo de 1995, anunciánse as poxas das obras que figuran no anexo, comprendidas no Plan de Vías Provinciais de 1995, Adicional 1, cos orzamentos que se relacionan, as fianzas provisionais que se reseñan, así coma as correspondentes clasificacións dos contratistas.

Prazo.-Estas obras serán entregadas provisionalmente no prazo que figura no prego de condicións, aprobado pola Comisión de Goberno en sesión celebrada o 29 de xaneiro de 1988, e modificacións do 13 de setembro de 1991 e 29 de xullo de 1994.

Pagamentos.-Efectuaranse mensualmente contra certificación de obra realmente executada, con cargo ó crédito consignado no orzamento vixente.

Garantía definitiva.-O adxudicatario virá obrigado a constituír unha garantía definitiva sobre o 4% do orzamento da obra.

Proposicións.-Presentaranse axustadas ó seguinte modelo:

Don/Dona... con domicilio en... rúa... número... teléfono... con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) número ... actuando en nome propio (ou en representación del ... DNI número... e con domicilio en... rúa... número ... ) desexa tomar parte na poxa convocada por... e publica en... con data do... para executa-las obras comprendidas no proxecto de... , e para estes efectos fai constar:

1º.-Que ofrece o prezo de.. pesetas, que significa unha baixa de... pesetas, en relación co tipo de licitación.

2º.-Que coñece e acepta as obrigas que se deriven dos pregos de condicións do presente contrato.

3º.-Que achega nos correspondentes sobres a documentación esixida no prego de condicións.

En... o... de... de 199...

O/A licitador/a (asinado e rubricado).

Presentación de plicas.-Na sección de Patrimonio e Contratación en horas de nove a trece, dentro do prazo dos dez días hábiles computados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio, salvo

que se produciran reclamacións á toma en consideración dos devanditos proxectos.

Apertura de plicas.-Ás doce horas do día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de plicas.

A Coruña, 4 de abril de 1995.

Salvador Fernández Moreda

Presidente

José Luis Almau S.

Secretario