Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 1995 Páx. 2.817

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de poxa con trámite de admisión previa.

1. Entidade adxudicataria: Deputación Provincial da Coruña, rúa Alferéz Provisional, s/n, A Coruña (España).

2. Modalidade de adxudicación: poxa con trámite de admisión previa.

3. Obxecto do contrato: proxecto de reforma, ampliación e afirmado da E.P. 1914, Carballo-Santiago de Compostela, treito: Portomouro-Carballo. Plan de Vías Provinciais de 1995.

4. Orzamento: 1.509.091.456 ptas. (IVE do 16% incluído). Por tratarse dun gasto de carácter plurianual, conforme co disposto no artigo 155 da Lei 39/1988, o gasto imputarase ós seguintes exercicios:

AnualidadeOrzamento

1995 incluída no V.I.P./95664.000.240

1996452.727.437

1997392.363.779

5. Prazo de execución: 30 meses.

6. A) Solicitude da documentación: Deputación Provincial da Coruña. Sección do Patrimonio e Contratación. Rúa Alférez Provisional, s/n. A Coruña (España).

B) Data límite da solicitude: 18 de maio de 1995.

7. A) Data límite de recepción de ofertas: 23 de maio de 1995, ás trece horas.

B) Enderezo: Deputación Provincial da Coruña, Sección do Patrimonio e Contratación, Rúa Alférez Provisional, s/n, A Coruña (España).

C) Idioma: castelán ou galego.

8. A) Persoas admitidas á apertura de plicas: acto público.

B) Data, horas e lugar: 24 de maio de 1995 ás doce horas.

9. Fianzas e garantías: fianza provisional, non se esixe. Fianza definitiva: 60.363.658 ptas.

10. Pagamento: realizarase mediante certificacións mensuais.

11. Forma xurídica da agrupación: deberá reuni-los requisitos establecidos nos artigos 10 da Lei de contratos do Estado e 26 e 27 do Regulamento xeral de contratos do Estado. Agrupación temporal de empresas (declaración de porcentaxes de participación e designación do responsable perante a Administración).

12. Condicións mínimas:

A. Requisitos para a admisión previa:

a) Certificado no que se acredite que o licitador executou totalmente tres obras de natureza análoga (por importe polo menos de 1.509.091.456 ptas.), dentro dos tres últimos anos (comprendidos entre o 30 de marzo de 1992 e o 30 de marzo de 1995).

b) Documento no que a empresa se comprometa a ter como delegado da obra con capacidade para representala en todo canto afecte á execución desta, a un enxeñeiro de camiños, con dedicación plena durante o tempo de execución da obra, sendo ademais responsable da seguridade da obra.

c) Programa de construcción das obras que asegure a execución nos prazos (total ou parciais) e anualidades contractuais, describindo as previsións de tempo e custos nun diagrama de barras obtido a partir dun estudio de tempos actividades.

d) Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a execución desta contratando a súa realización ó laboratorio homologado que elixa o órgano de contratación, conforme coa cláusula 32 do presente prego de condicións.

B. Clasificación: grupo G, subgrupo 4 e categoría f.

Non obstante, para as empresas non españolas de estados membros da Comunidade Económica Europea que non estean clasificados será suficiente que acrediten perante o órgano de contratación a súa capacidade financeira, económica e técnica achegando para isto toda a documentación esixida nos artigos 287 bis e 287 ter do RXCE.

13. Prazo de validez da oferta: 3 meses.

14. Criterios de adxudicación: oferta máis económica, que cumpra os requisitos de admisión previa.

15. Información adicional: Sección de Patrimonio e Contratación. Teléfono (981) 18 33 00, fax (981) 18 33 07.

16. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 1 de abril de 1995.

17. Modelo de oferta económica:

Don/Dona... con domicilio en ..., rúa..., con DNI nº..., (ou pasaporte ou. documento que o substitúa), actuando en nome propio (ou en nome e representación de.... con domicilio en.... rúa..., nº...) toma parte na poxa con trámite de admisión previa convocada pola Deputación Provincial da Coruña e publicada na data... para a contratación das obras con gasto plurianual do proxecto de reforma, ampliación e afirmado da E.P. 1914: de Carballo-Santiago, treito: Portomouro-Carballo e fai constar que coñece e acepta as súas bases e comprométese a realiza-las devanditas obras no seguinte prezo... ptas. (IVE incluído).

0/A Licitador/a, asinado e rubricado).

A Coruña, 1 de abril de 1995.

Salvador Fernández Moreda

Presidente

José Luis Almau Supervia

Secretario