Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 1995 Páx. 2.817

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILARMAIOR

ANUNCIO de poxa.

Aprobados pola Comisión de Goberno do concello, en sesión do 9 de marzo de 1995, os pregos de condicións xurídicas e económico-administrativas que rexerán a poxa das obras que se detallan no anexo I, expóñense ó público por prazo de catro días efectos de reclamacións.

Ó mesmo tempo anúnciase poxa das obras incluídas no anexo I cos orzamentos que se relacionan, coas fianzas provisionais que se citan e prazos de execución que se detallan, se ben a licitación se aprazará canto resulte necesario, no suposto de que se presenten reclamacións en contra dos pregos de condicións.

Expediente administrativo: o expediente exponse ó publico na secretaría do concello e poderá ser examinado polos interesados de nove a trece horas.

Lugar e prazo de presentación de proposicións: no rexistro de entrada do concello durante o prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, última publicación que apareza.

Apertura de proposicións: no salón de sesións do concello, ás doce horas do primeiro día hábil despois do remate do prazo de presentación das proposicións, agás se cadra sábado, neste caso será o primeiro día hábil seguinte.

Modelo de proposición:

Don/Dona.... con domicilio en... rúa..., nº..., teléfono nº...« con DNI nº... ou CIF nº... toma parte na poxa convocada polo Concello de Vilarmalor e publicada no BOP nº... do... e no DOG nº... do..., para a execución da obra..., para tal efecto fai constar:

a) Que ofrece un prezo de... pesetas, o que significa unha baixa en relación ó tipo de licitación de... pesetas.

b) Que coñece e acepta as obrigas que se derivan dos pregos de condicións do presente contrato.

c) Que se achega no sobre, a documentación esixida.

En Vilarmaior, ... de ... de 1995.

O/A licitador/a (asinado e rubricado).

Documentos que deben presenta-los licitadores: os licitadores deberán presentar, xunto co modelo de proposicion, a seguinte documentación:

a) Empresario individual: fotocopia do DNI, NIF, pasaporte ou documento que o substitúa.

b) Persoas xurídicas: copia da escritura de constitución.

c) Declaración expresa de que a empresa ou o empresario interesado non está incurso en ningunha das prohibicións para contratar ou incompatibilidades estipuladas no artigo 9 da vixente lexislación de contratos do Estado e Regulamento de contratación das corporacións locais e demais normas de aplicación.

d) Documento que acredite a clasificación do contratista, se é o caso.

Vilarmaior, 13 de marzo de 1995.

José Benito Souto Lourido

Alcalde

ANEXO I

-Obra: ampliación iluminación pública rural.

Orzamento: 3.060.424 ptas.

Fianza provisional: 61.208 ptas.

Prazo execución: 12 meses.

-Obra: pavimentación accesos núcleos Grandal, Doroña e Vilarmaior.

Orzamento: 4.106.654 ptas.

Fianza provisional: 82.133 ptas.

Prazo de execución: 6 meses.