Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 1995 Páx. 2.816

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

0 Pleno da Corporación, na súa sesión celebrada o pasado día 30 de marzo de 1995, acordou aprobar inicialmente o proxecto de modificación das normas subsidiarias municipais no que á unidade de execución número 9 se refire, que redactou o arquitecto Fermín Corrochano Casares, así como a supresión da ficha número 35 do catálogo de áreas e espacios de especial protección das mesmas normas, que é relativa á vivenda unifamiliar situada na citada unidade de execución.

Así mesmo acordou suspende-lo outorgamento de licencias na referida unidade de execución número 9, de conformidade co establecido no artigo 102.2º do texto refundido da Lei do solo e artigo 120 do Regulamento de planeamento.

O que se fai público para xeral coñecemento. O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, BOP e nun dos xornais de maior circulación da provincia, de conformidade co establecido nos artigos 128 e 114.1º do texto refundido da Lei do solo.

Durante o citado prazo poderanse formula-las alegacións que se coiden pertinentes. O expediente poderá ser consultado na Unidade Xurídica de Urbanismo e Persoal deste concello.

Cambre, 3 de abril de 1995.

O alcalde

Rubricado