Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 1995 Páx. 2.816

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCÍÓN do 20 de marzo de 1995, da Dirección Médica do Hospital Comarcal de Monforte, pola que se anuncia concurso público para a contratación do servicio de limpeza do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos (Lugo).

A Dirección Médica do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 15 de setembro de 1994 (DOG número 191, do 3 de outubro en relación ó disposto no apartado c do artigo 6 do Decreto 148/1991, do 2 de maio, polo que se establecen os órganos de dirección e colexiados dos hospitais da Comunidade Autónoma de Galicia dependentes da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e xestionados polo Servicio Galego de Saúde e se determinan as súas funcións, convoca o seguinte concurso público (C.P. 1/1995) para a contratación do servicio de limpeza deste hospital.

Obxecto e orzamento: a contratación do servicio de limpeza deste hospital, por un orzamento anual máximo de 63.000.000 de ptas. (sesenta e tres millóns de pesetas), IVE incluído.

Prazo de execución: será o comprendido entre a súa sinatura, trala adxudicación e o 31 de decembro de 1995, podendo preverse a súa modificación e a súa prórroga, por mutuo acordo das partes, antes de finalizar, conforme o artigo 5 do Decreto 1005/1974.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria, poden ser solicitados na Secretaría da Dirección de Xestión do Hospital Comarcal, rúa Corredoira, s/n, 27400 Monforte, teléfono (982) 41 79 18, en días laborais de 9 ata as 14 horas.

Fianzas: a fianza provisional será do dous por cento do orzamento da licitación (1.260.000 ptas.), que se constituirá segundo o disposto no artigo 112 da Lei de contratos do Estado e no 340 do seu regulamento.

A fianza definitiva será do catro por cento do orzamento da licitación (2.520.000 ptas.), que se constituirá segundo o disposto no artigo 113 da Lei de contratos do Estado e no 350 do seu regulamento.

Clasificación: requírese a seguinte, grupo III, subgrupo 6, categoría C.

Presentación das proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobre pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do hospital, antes das 14 horas do vixésimo día hábil contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG ou por correo na forma sinalada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

No caso de utilizarse calquera dos medios previstos no artigo 66 da Lei de procedemento administrativo, remitirase telegrama ó servicio indicado no apartado 3, no que se comunicará a presentación da oferta.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola Mesa de Contratación, reunida en acto público na sala de xuntas anexa á dirección médica do hospital, ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte ó que remate o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no seguinte día hábil.

Documentación que deberán achega-los licitadores: deberán achega-los documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Monforte de Lemos, 20 de marzo de 1995.

Eleuterio López Louzao

Director médico