Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 1995 Páx. 2.819

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO do 6 de abril de 1995 polo que se fai público o nomeamento de secretarios en réxime de provisión temporal dos xulgados de primeira instancia e instrucción número un de Corcubión e número dous de Noia, Cambados, O Porriño, Tui e Vilagarcía de Arousa.

En cumprimento do acordo adoptado no día de hoxe dimanante da comunicación da Xerencia Terri

torial do Ministerio de Xustiza de Galicia, sobre nomeamentos de secretarios en réxime de provisión temporal, que literalmente di:

«Data 4-4-1995. Ministerio de Xustiza. Xerencia Territorial de Galicia. N/Rf. Secretarios de provisión temporal. Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Pazo de Xustiza, Praza de Galicia s/n, 15074 A Coruña. Visto o acordo da Sala do Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia da data citada, polo cal se nomean secretarios dos xulgados de primeira instancia e instrucción en réxime de provisión temporal que igualmente se citan. Esta xerencia territorial en uso das atribucións que lle confire a orde ministerial do 26 de xuño de 1991 (BOE do 28-6-1991) e de conformidade co previsto

no artigo 38 do Real decreto 429/1988, de 29 de abril, polo que se aproba o Regulamento orgánico do corpo de secretarios xudiciais, confirma os nomeamentos seguintes cos efectos previstos no artigo 13.1º do Real decreto 1616/1989, do 29 de decembro, segundo a nova redacción dada polo número 1377/1991, do 13 de setembro (BOE do 26-9-1991). Nomeamento acordo da sala do goberno do 23-3-1995:

-Provincia da Coruña.

Juan Francisco Riobo Fernández, Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Corcubión.

Ana Isabel Villar Fernández, Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Noia.

-Provincia de Pontevedra.

Gloria Carolina Pereira Santiso, Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Cambados.

Anselmo Menéndez Villalba, Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous do Porriño.

María del Pilar García Domínguez, Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Tui.

María del Carmen Santos Caballero, Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Vilagarcía.

Contra esta resolución poderase, interpoñer recurso ordinario ante o subsecretario do departamento, no prazo de un mes, contado a partir do seguinte ó da súa notificación. O cal comunico para o seu coñecemento e demais efectos. O xerente territorial. Manuel Olmo Peláez. Asinado. Hai un carimbo de saída da Xerencia Territorial».

Deberán tomar posesión dentro dos vinte días naturais contados desde o seguinte ó da data de publicación no DOG.