Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 1995 Páx. 2.814

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 1995, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncian os concursos públicos números 4/1995, 5/1995, 6/1995 e 7/1995 para a contratación de subministracións.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191, de 3 de outubro), convoca os seguintes concursos públicos:

-C.P. 4/1995.

* Obxecto e orzamento: adquisición de roupa reixeitable de quirófano por un orzamento máximo total de vinteseis millóns setencentas vinte mil pesetas (26.720.000 ptas.), IVE incluído.

* Fianza provisional: o 2% do orzamento de licitación (534.400 ptas.), se se licita polo total.

-C.P. 5/1995.

* Obxecto e orzamento: adquisición de gasas e compresas por un orzamento máximo total de vinteseis millóns oitocentas vinte mil pesetas, (26.820.000 ptas.), IVE incluído.

Fianza provisional: o 2% do orzamento de licitación (536.400 ptas.), se se licita polo total.

-C.P. 6/1995.

Obxecto e orzamento: adquisición de equipos de soros por un orzamento máximo total de vinte millóns seiscentas vintecinco mil pesetas (20.625.000 ptas.), IVE incluído.

Fianza provisional: o 2% do orzamento de licitación (412.500 ptas.), se se licita polo total.

-C.P. 7/1995.

* Obxecto e orzamento: adquisición de dializadores por un orzamento máximo total de vintecatro millóns cincuenta mil pesetas, (24.500.050 ptas.), IVE incluído.

* Fianza provisional: o 2% do orzamento de licitación (481.000 ptas.), se se licita polo total.

Prazo de execución: os bens obxecto dos presentes concursos públicos deberanse entregar de xeito inmediato e segundo necesidades dos servicios destinatarios, a partir da data de notificación da adxudicación.

Documentos de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria, pódese solicitar no Servicio de Subministración do Complexo Hospitalairo Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22-36204 Vigo, en días laborais desde as 9 ata as 14.30 horas. Teléfono número (986) 81 60 23 e fax número (986) 81 60 65.

Constitución das fianzas: as fianzas constituiranse segundo do disposto no artigo 112 da LCE e 340 do seu regulamento.

Presentación de proposicións: as proposicións asinadas polo licitador ou persoa que o represente, deberanse presentar en man, en sobres pechados e lacrados, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 13 horas do vixésimo día hábil contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do RXCE.

Apertura de proposicions: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola Mesa de Contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas, do hospital xeral ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou feirado, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios dos presentes concursos públicos serán por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Vigo, 8 de marzo de 1995.

Juán José Equiza Escudero

Director xerente del Complejo Hospitalario

Xeral-Cíes de Vigo