Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 1995 Páx. 2.815

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 13 marzo de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público para a subministración de oito ambulancias con destino á Comunidade Autónomia de Galicia.

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da Dirección Xeral de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Subministración: oito ambulancias. Orzamento: 25.000.000 de ptas. (IVE incluído).

Forma de adxudicación: concurso público.

Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público entregaranse no prazo de 30 días contados a partir da data de notificación da adxudicación.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da Dirección Xeral de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela, tódólos días laborables, agás sábados, durante as horas hábiles de oficina.

Fianza provisional: 500.000 pesetas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, antes das 14 horas do vixésimo día hábil contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anuncia ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981) 54 27 62, ou telegrama no mesmo día, de conformidade, co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, edificio administrativo de San Caetano, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural a contar desde o seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que aportarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 1995.

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos