Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 1995 Páx. 2.813

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 1995 da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia o concurso público número 3/1995 para a contratación da subministración de biocontedores para residuos contaminados.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en viriude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191, do 3 de outubro), convoca o seguinte concurso público:

Obxecto e orzamento: contratación da subministración de biocontedores para residuos contaminados de 60 litros e de 30 litros (5.000 unidades de 60 l e 9.000 unidades de 30 l), por un orzamento máximo total de dez millóns setenta e cinco mil pesetas (10.075.000 ptas.), IVE incluído, sendo o prezo máximo por contedor o seguinte:

-Contedor de 60 litros: 800 ptas./unidade.

-Contedor de 30 litros: 675 ptas./unidade.

Prazo de execución: a entrega da subministración efectuarase de xeito periódico, segundo necesidades do complexo, tomando como referencia inicial e de forma estimativa, a entrega mensual de 900 ud. de 30 litros e 500 ud. de 60 litros.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria, pódese solicitar na sección de contratación administrativa do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22-36204 Vigo, en días laborais desde as 9 ata as 14.30 horas no teléfono número (986) 81 60 28 e fax número (986) 81 60 29.

Fianzas: provisional, un 2% do orzamento de licitación (201.500 ptas.), que se constituirá segundo o disposto no artigo 112 da LCE e 340 do seu regulamento.

Clasificación: non se exise.

Presentación de proposicións: as proposicións, asinadas polo licitador ou persoa que o represente, deberanse presentar en man, en sobres pechados e lacrados, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 13 horas do vixésimo día hábil contado a partir do seguinte ó da publi

cación desta resolución no DOG, ou por correo do xeito indicado no artigo 100 do RXCE.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola Mesa de Contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do Hospital Xeral ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 8 de marzo de 1995.

Juan José Equiza Escudero

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Cíes de Vigo