Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 1995 Páx. 2.812

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 1995, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, pola que se resolve a clasificación dos montes Fraga do Rei, Pedreira e Coto de Amaro, pertencente á parroquia de Santiago de Oliveira, concello de Ponteareas.

Para os efectos previstos no artigo 28 do regulamento para a exceución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise contar que:

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra dictou a seguinte resolución:

Na cidade de Pontevedra, sendo as dezasete horas do día vintedous de decembro de mil novecentos noventa e catro, nos locais da Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, logo de citación para o efecto reúnese o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais, en Man Común coa asistencia das seguintes persoas:

Vicepresidente en funcións de presidente: José Juan Barreiro Prado:

Vocais:

Antonio Gómez Pacios.

Serafín Quinteiro Blanco.

Luis Mª Muíños Vidueira.

Vocais representantes da Comunidade Veciñal de S. de Oliveira. Ponteareas.

Ramiro Bargiela Pellón.

Salvador Dello González Fernández.

Secretaria: Ramona C. Fernández Álvarez.

1. A xunta rectora da comunidade de montes vecinais en man común, da parroquia de Santiago de Oliveira, concello de Ponteareas, solicitou a clasificación dos montes Fraga do Rei, Pedreira e Coto de Amaro, que quedaron sen clasificar na resolución do xurado de montes do 5 de decembro de 1979.

Trátase de restos ou pequenas parcelas de monte residuais que, por estaren encravadas entre predios de particulares, non foron clasificadas. Cómpre manifestar que a documentación histórica aportada non ofrece dúbidas sobre o seu carácter xa que foron sempre aproveitados polos veciños da parroquia, figurando nos censos ou inventarios como de propiedade do común dos veciños.

2. No informe remitido pola Xefatura de Producción Forestal faise constar que son aproveitados polos veciños, existindo naqueles algunhas árbores illadas e toxais que son explotados polos veciños así como o esquilmo deles, sen facer relevancia de ningunha outra consideración.

3. Solicitada a anotación preventiva no Rexistro da Propiedade, non figuran inscritos a nome de ninguén, practicándose a correspondente anotación preventiva na citada oficina pública.

4. No trámite de alegacións comparecen o Concello de Ponteareas con dous escritos. Nun deles fai referencia á existencia no monte Fraga do Rei duns xacementos arqueolóxicos, remitindo un traballo ou informe do arqueólogo Juan José Perles Fontao. O certo é que no devandito informe non aparece unha zona clara de concentración: noutro dise non aparece unha zona clara de concentración, noutro dise que o xacemento aparece totalmente modificado polos socalcos realizados para a súa repoboación, e no último deles sinálase que existen moitas dúbidas acerca de se pode ser unha afloración natural. O certo é que, verificada unha visita no monte sinalado, os citados xacementos se encontran fóra do perímetro do que se solicita a clasificación, estando aqueles situados no denominado lugar de Castromao e incluídos na clasificación por resolución do Xurado Provincial do 5 de decembro de 1979, coa denominación xenérica de montes de Santiago de Oliveira.

Polo que respecta á existencia dun colexio público no monte de Fraga do Rei, na reclamación que fai o concello despois dun exame do lugar onde aquel está, cómpre manifestar que se encontra fóra do perímetro do citado monte, no lugar denominado da Pedreira, pertecente ós montes xa clasificados.

5. Os montes obxecto deste expediente de clasificación obedecen á seguinte descrición:

Concello: Ponteareas.

Parroquia: Santiago de Oliveira.

Nome do monte: Fraga do Rei.

Cabida: 1,5 ha.

Lindes:

Norte: regato, camiño público e propiedade de Manuel Rodríguez.

Sur: montes particulares de Perla González, Ángel García e Mª de la Cruz Redondo, e propiedade de Ángel Crespo e Generoso Rodríguez.

Leste: regato.

Oeste: estrada.

Nome do monte: Pedreira.

Cabida: 0,9 ha.

Lindes:

Norte: lugar habitación de Consuelo Rodríguez Rodríguez, montes de Alejandro Rodríguez Rodríguez e Alicia Martínez Berta.

Sur: monte de Rodolfo Penabella.

Leste: terreos do torreiro da Virxe do Socorro.

Oeste: montes de Dorinda Rabuñade Fornos, Pilar Domínguez Fornos e Consuelo Rodríguez Rodríguez.

Nome do monte: Coto de Amaro.

Cabida: 0,15 ha.

Lindes:

Norte: herdeiros de Amadeo Novoa e outro.

Sur: propiedades de Constantina Fernández Alfaya.

Leste: camiño que separa de propiedades de Dolores Fernández.

Oeste: camiño asfaltado que enlaza a estrada nacional actual coa antiga.

Os membros do xurado acordan, por unanimidade, a clasificación como veciñais en man común dos montes Fraga do Rei, Pedreira e Coto de Amaro, a favor da comunidade veciñal da parroquia de Santiago de Oliveira, concello de Ponteareas, dado que reúnen os requisitos previstos na Lei 13/1989, de montes veciñais en man común, no seu artigo 1 e no mesmo artigo do seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, pois tanto historicamente como na actualidade, veñen sendo aproveitados pola comunidade veciñal da parroquia de Santiago de Oliveira, do concello de Ponteareas, coa superficie e lindes que aparecen recollidas na presente resolución e coa descrición gráfica que figura no plano que á mesma se incorpora, formando parte inseparable dela e asinado no seu reverso polos membros do xurado.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, desde a súa notificación ante la Sala de lo Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 58 da Lei reguladora da antedita xurisdicción en relación co artigo 12 da Lei 13/1989, do Parlamento de Galicia, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e o artigo 28 do seu regulamento aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de

setembro, modificados ámbolos preceptos pola Lei 30/1992 do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo comun.

Pontevedra, 23 de febreiro de 1995.

Manuel Abeledo López

Presidente do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra