Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 1995 Páx. 2.811

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CÉDULA do 17 de febreiro de 1995, do Servicio de Consumo de Ourense, de notificación da resolución do expediente 32037/1994 a Intagás (Salvador Montoya Martínez).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a fase na que se atopa o expediente a ela instruído polo Servicio de Consumo da Delegación Provincial de Industria e Comercio de Ourense, por incumprimento do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño (BOE do 15 de xullo), no que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

Intagás (Salvador Montoya Martínez), Lugo.

DNI: 22.925.862-Z.

Expediente número: 32037/1994.

Resolución.

Sanción: 25.000 ptas.

Prazo: un mes.

O dito interesado dispón do prazo que en cada caso se indica, contado a partir da publicación da presente cédula, para que poida examina-lo expediente, no Servicio de Consumo da Delegación de

Industria e Comercio de Ourense, sito na Avda. de Zamora 13, baixo, e interpoñer perante o conselleiro o recurso ordinario correspondente, conforme o disposto na citada Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O importe da sanción farase efectivo por transferencia bancaria á conta 400-311-64/1 da Caixa de Galicia (Urbana 6, Ourense), no prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte día ó da presente publicación conforme o Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8-1993). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Ourense, 17 de febreiro de 1995.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense