Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 1995 Páx. 2.811

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de decembro 1994, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4238 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), rúa Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Finalidade: L.M.T. subt. desde C.T. Quintas a C.T. Facultade de Humanidades e L.M.T. subt. desde C.T. Palacio dos Deportes a subestación das Mercedes-Lugo.

Características: liña de media tensión subterránea a 20 kV, entre o C.T. Quintas e o C.T. Facultade de Humanidades, realizarase con tres cables de illamento seco, designación UNE D.H.V. 15/25 kV e 1x95 mm Al, o seu trazado será pola Avda. de Alfonso X o Sabio. Liña de media tensión subterránea a 20 kV, desde o C.T. Palacio dos Deportes ata a subestación das Mercés, realizarase con tres cables de illamento seco, designación UNE D.H.V. 15/25 kV, 1x240 mm Al, nos extremos dela instalaranse terminais de 15/25 kV, o trazado de esta liña será desde o C.T. Palacio dos Deportes ó C.T. Agrónomos, do C.T. Agrónomos ó C.T. Xordomudos e do C.T. Xordomudos á subestación das Mercés de Lugo.

Orzamento: 6.949.610 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 16 de decembro de 1994.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo