Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 1995 Páx. 2.811

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 1994, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4234 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública dunha instalación que ten por características principais as seguintes:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturiana, S.A. (BEGASA), rúa Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Finalidade: mellora do servicio eléctrico en Barreiro, Aldea, Currillo e Lamas no concello de Begonte.

Características principais: rede de baixa tensión con conductor R.Z.-25, R.Z.-150, tensado sobre postes de formigón ou grampados en fachada, que alimentará a Barreiro, Aldea, Currillo e Lamas do concello de Begonte.

Procedencia dos materiais: nacional.

Orzamento: 6.765.399 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial rúa Pascual Veiga, 12-14, e formulárenselle as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Lugo, 16 de decembro de 1994.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo