Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 1995 Páx. 2.803

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 1995 pola que se convoca concurso público para a provisión de diversas prazas de corpos docentes universitarios (números 1300 a 1303/1995, ámbalas dúas inclusive).

De acordo co establecido no artigo 38.2º da Lei 11/1983, do 25 de agosto, e o artigo 2.4º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, este rectorado resolveu convocar concurso para as prazas que se relacionan no anexo I da presente resolución, de acordo coas seguintes bases:

Primeira-Os ditos concursos rexeranse polo disposto na Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro); Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro), corrixido parcialmente polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño; Orde do 28 de decembro de 1984 (BOE do 16 de xaneiro de 1985), e, no non previsto, pola lexislación xeral de funcionarios civís do Estado, e tramitaranse independentemente para cada unha das prazas convocadas.

Segunda.-Para ser admitido ós ditos concursos cumpren os seguintes requisitos xerais:

a) Ser español.

b) Ter cumpridos dezaoito anos e non te-los sesenta e cinco.

c) Non ter sido separado, por expediente disciplinario, do servicio da Administración do Estado ou da Administración autónoma, institucional ou local, nin estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

d) Non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións correspondentes a profesor de universidade.

Terceira.-Deberán reunir, ademais, as condicións específicas que se sinalan no artigo 4.1º ou 2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, segundo a categoría da praza e a clase de concurso.

Cando, estando en posesión do título de doutor, se concorra a prazas de catedrático de universidade, de acordo co previsto no artigo 4.1º c), do Real

decreto 1888/1984, do 26 de setembro, e non pertenza a ningún dos corpos que nel se sinalan, os interesados deberán acredita-lo feito de seren eximidos de tales requisitos.

Non poderán concursar a prazas de profesor titular de universidade os que estiveran contratados durante máis de dous anos como axudantes nesta universidade, salvo as excepcións previstas no artigo 37.4º da Lei 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro), de reforma universitaria.

Cuarta.-Os que desexen tomar parte no concurso remitirán a correspondente solicitude ó rector da Universidade de Santiago de Compostela, por calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte días hábiles a partir do día seguinte a aquel no que teña lugar a publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado, mediante instancia, segundo o modelo anexo II, debidamente cuberto, xunto cos documentos que acrediten reuni-los requisitos para participar no concurso. A concorrencia dos ditos requisitos deberá estar referida sempre a unha data anterior á de expiración do prazo fixado para solicita-la participación no concurso.

Os aspirantes deberán xustifica-lo aboamento na C/C 48/2, Outros Ingresos, Caixa Galicia, O.P. de Santiago de Compostela, segundo se detalla a seguir e para cada caso, a cantidade de: doutores, 1.500 ptas. (400 ptas. en concepto de formación de expediente e 1.100 ptas. por dereitos de exame); licenciados, 1.340 ptas. (240 ptas. en concepto de formación de expediente e 1.100 ptas. por dereitos de exame); diplomados, 1.260 ptas. (160 ptas. en concepto de formación de expediente e 1.100 ptas. por dereitos de exame).

Quinta-Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o rector da universidade, por calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, remitirá a tódolos aspirantes unha relación completa de admitidos e excluídos, con indicación das causas de exclusión. Contra a dita resolución os interesados poderán presentar unha reclamación perante o rector no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte ó da notificación da relación de admitidos e excluídos.

Sexta-O presidente da comisión, dentro do prazo habilitado regulamentariamente para a constitución, dictará unha resolución que deberá ser notificada a tódolos interesados cunha antelación mínima de 15 días naturais respecto da data do acto para o que é citado, convocando a:

a) Tódolos membros titulares da comisión e, se é o caso, os suplentes necesarios para efectua-lo acto de constitución da mesma.

b) Tódolos aspirantes admitidos a participar no concurso, para realiza-lo acto de presentación dos

concursantes e, con fixación do día, hora e lugar de celebración do dito acto.

Sétima.-No acto de presentación, os concursantes entregarán ó presidente da comisón a documentación sinalada nos artigos 9 e 10 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, comixido polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, se é o caso, segundo se trate de concurso ou concurso de méritos.

Oitava-Os candidatos propostos para a provisión das prazas deberán presentar na Secretaría Xeral da Universidade no prazo de quince días hábiles seguintes ó de concluí-la actuación da comisión por calquera dos medios sinalados no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.

b) Certificación médica oficial de non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico para o desempeño das funcións correspondentes a profesor de universidade.

c) Declaración xurada de non ter sido separado da Administración do Estado, institucional ou local, nin das administracións das comunidades autónomas, en virtude de expediente disciplinario e non atoparse inhabilitado para o exercicio da función pública.

Os que tiveran a condición de funcionarios públicos de carreira estarán exentos de xustificar tales documentos e requisitos, debendo presentar certificación do ministerio ou organismo do que dependan, acreditativa da condición de funcionarios e cantas circunstancias consten na folla de servicios.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 1995.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

-Número de prazas: 1.

Praza número: 1296/1995.

Corpo ó que pertence a praza: catedrático de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: producción animal.

Departamento ó que está adscrita: Anatomía e Producción Animal.

Actividades que realizará quen obteña a praza: materias da área en Lugo.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 1297/I995.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: enxeñería química.

Departamento ó que está adscrita: Enxeñería Química.

Actividades que realizará quen obteña a praza: materias da área en Lugo.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 1298/1995.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: personalidade, avaliación e tratamentos psicolóxicos.

Departamento ó que está adscrita: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía.

Actividades que realizará quen obteña a praza: técnicas de modificación de conducta en Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 1299/1995.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: socioloxía.

Departamento ó que está adscrita: Socioloxía e Ciencia Política e da Administración.

Actividades que realizará quen obteña a praza: teoría sociolóxica en Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 1300/1995.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: bioloxía animal.

Departamento ó que está adscrita: Bioloxía Animal.

Actividades que realizará quen obteña a praza: zooloxía e fisioloxía animal en Lugo.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 1301/1995.

Corpo ó que peitence a praza: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: enxeñería agroforestal.

Departamento ó que está adscrita: Enxeñería Agroforestal e Producción Vexetal.

Actividades que realizará quen obteña a praza: xardinería urbana, construcción, e deseño de invernadoiros en Lugo.

Clase de convocatoria: concurso.

-Númerode prazas: 1.

Praza número: 1302/1995.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento a que corresponde: enxeñería química.

Departamento ó que está adscrita: Enxeñería Química.

Actividades que realizará quen obteña a praza: materiais da área en Lugo.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 1303/1995.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: matemática aplicada.

Departamento ó que está adscrita: Matemática Aplicada.

Actividades que realizará quen obteña a praza: fundamentos matemáticos da enxeñería en Lugo.

Clase de convocatoria: concurso.