Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 1995 Páx. 2.796

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 10 de abril de 1995 pola que se lle dá publicidade á resolución da Dirección Xeral da Función Pública do Ministerio para as Administracións Públicas pola que se efectúa a coordinación de adxudicacións nos concursos ordinario e unitario de funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional convocados por sendas resolucións desa dirección xeral do 28 de outubro de 1994 (BOE do 24 de novembro).

De conformidade co establecido no artigo 22.2º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, esta consellería,

DISPON:

Publica-la resolución da Dirección Xeral da Función Pública do Ministerio para as Administracións

Públicas do 24 de marzo de 1995 pola que se efectúa a coordinación de adxudicacións nos concursos ordinario e unitario de funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional convocados por sendas resolucións desa dirección xeral do 28 de outubro (BOE do 24 de novembro) e o anexo correspondente ó ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

«1. O concurso ordinario de provisión de postos reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional convocado por Resolución do 28 de outubro de 1994, resolveuse coas seguintes peculiaridades:

a) As corporacións locais convocantes do concurso adoptaron e remitiron a esta dirección xeral acordos da súa resolución.

b) Os acordos dos concellos de Onzonilla e Calzada de Valdúñez excluíron do concurso os postos de secretaría-intervención respectivos por ser dictados por tribunais de xustiza autos de suspensión do concurso.

c) As corporacións locais que se indican no anexo a pesar de ter transcorrido en exceso o prazo de 30 días naturais seguintes á data de remate do de presentación de solicitudes previsto no artigo 22 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, non presentaron ante esta dirección xeral a resolución, se é o caso, recaída.

2. Simultaneamente esta dirección xeral por Resolución do 16 de marzo de 1995 resolveu o concurso unitario convocado por Resolución do 28 de outubro de 1994 (BOE do 24 de novembro) trala exclusión do posto de Priaranza do Bierzo por orde xudicial.

3. Existindo tralas resolucións de ámbolos dous concursos ordinarios e unitario adxudicacións coincidentes a favor dos mesmos concursantes, esta dirección xeral,

RESOLVEU:

a) Efectua-la coordinación de nomeamentos con carácter único para as adxudicacións de ámbolos dous concursos, previsto no artigo 22.2º e na disposición transitoria segunda do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, e formalizar, como consecuencia de tal proceso, os nomeamentos definitivos en ámbolos dous concursos, a favor dos funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional que se relacionan.

b) Dar publicidade ás ordes forales nº 748/1995, do 28 de marzo, da Deputación Foral de Biscaia, Orde do 24 de marzo de 1995 da Deputación Floral de Guipúscoa e acordo nº 694 do Consello de Deputación Floral de Álava do 7 de marzo de 1995, en virtude dos cales se efectúan os nomeamentos definitivos de ámbolos dous concursos nos seus respectivos territorios, e tralo posterior proceso de coordinación nos casos de concursantes que obtiveron postos no País Vasco e fóra del.

O prazo de toma de posesión dos funcionarios nomeados pola presente resolución será de 3 días hábiles a contar da súa publicación no BOE, se se trata de postos na mesma localidade e de un mes se se trata do primeiro destino ou de postos de traballo en localidade distinta. Non obstante, os presidentes das corporacións poderán diferi-lo cesamento da toma de posesión polo prazo que aconsellen as necesidades do servicio co límite de 3 meses establecido no artigo 23.2º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo.

As corporacións locais deberán remitirlle á Dirección Xeral da Función Pública e á Comunidade Autónoma respectiva, copia da acta de toma de posesión e cesamento dentro dos tres días hábiles seguintes aquel en que se produzan».

Santiago de Compostela, 10 de abril de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública