Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 1995 Páx. 2.801

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 28 de marzo de 1995 pola que se convoca concurso-oposición para ingreso no corpo de mestres en expectativa de ingreso na Comunidade Autónoma así como a adquisición de novas especialidades.

Advertida unha omisión na dita orde, publicada no DOG do 7 de abril de 1995, na páxina 2.685, a continuación do punto 5.5, débese engadi-lo seguinte: «5.6. Por cada ano de experiencia docente en prazas de distinto nivel educativo ou diferente especialidade á que opte o aspirante, noutros centros: 0,1 punto».