Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 1995 Páx. 2.792

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do I convenio colectivo da empresa adxudicataria da prestación de servicios da piscina cuberta municipal.

Visto o expediente do I convenio colectivo da empresa adxudicataria da prestación de servicios da piscina cuberta municipal, con sede na provincia de Pontevedra, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 6-3-1995, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social polos delegados de persoal do mesmo o 30-1-1995. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, a Delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da provincia de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de Rexistro de Convenios Colectivos de Traballo desta

delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Vigo, 8 de marzo de 1995.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa adxudicataria da

prestación de servicios da piscina cuberta municipal

Asistentes.

Parte social:

José L. Lorenzo Suárez.

Guadalupe Fajardo Mariño.

María José Moldes Rodal.

Empresa:

Francisco Javier Alfonsín Barreiro.

ACTA

En Vigo, nos locais da empresa, sendo as 20 horas do día 20 de xaneiro de 1995, reúnense as partes negociadoras do dito convenio, segundo relación, co fin de adoptaren as medidas necesarias para a negociación dun convenio colectivo de empresa.

En primeiro lugar acórdase que a comisión negociadora estará formada polas persoas sinaladas á marxe.

Recoñécese mutuamente plena capacidade para a negociación deste convenio ó representaren a totalidade dos traballadores e o empresario.

Acórdase, así mesmo, que Guadalupe Fajardo actuará como secretaria de actas e Francisco Javier Alfonsín Barreiro actuará como presidente.

Dáse lectura á comunicación do 10 e 11 de xaneiro de 1995, para a cal o delegado de empresa solicita proceder libremente á negociación dun convenio colectivo de empresa así como cales son os puntos de especial interese para negociar.

A seguir acórdase celebrar unha nova reunión o día 26 de xaneiro, ás 16 horas, á cal as partes deberán acudir coa concreción das súas peticións básicas.

Sendo as 21 horas, ó non haber máis temas que tratar, levántase a sesión, quedando citados para o próximo día 26 de xaneiro de 1995, de todo o cal as partes dan fe coa súa sinatura.

Convenio colectivo da empresa adxudicataria da

prestación de servicios da piscina cuberta municipal

Asistentes.

Parte social:

José L. Lorenzo Suárez.

Guadalupe Fajardo Mariño..

María José Moldes Rodal.

Empresa:

Francisco Javier Alfonsín Barreiro.

ACTA

En Vigo, nos locais da empresa, sendo as 16 horas do 26 de xaneiro de 1995, reúnense as partes negociadoras do dito convenio, segundo relación á marxe.

En cumprimento da orde establecida na anterior reunión, as partes manifestan cales son os puntos de interese prioritario para elas, que se resumen do xeito seguinte:

Parte social:

a) Incremento salarial do 5%.

b) Adapta-las categorías á empresa, partindo do convenio anterior.

e) Xubilación anticipada e voluntaria.

d) Sucesión de empresa.

e) Regulación de excedencia voluntaria.

Duranción de 1 ano.

Empresa:

a) Regular ILT derivada de enfermidade común dado o alto absentismo.

b) Conxelación salarial ata que dicte sentencia o T.S. de Xustiza de Galicia no contencioso contra o concello.

c) Regular antigüidade, dado que supera os límites legais e pon en perigo a empresa.

d) Regula-lo cadro de persoal base da empresa.

e) Duración de 2 anos do convenio.

Non habendo máis que tratar, acórdase unha nova reunión para o día 30 de xaneiro de 1995, ás 21 horas, en que se cerrará, de ser posible o convenio, de todo o cal as partes dan fe coa súa sinatura ás 16.30 horas.

Convenio colectivo da empresa adxudicataria da

prestación de servicios da piscina cuberta municipal

Asistentes.

Parte social:

José L. Lorenzo Suárez.

Guadalupe Fajardo Mariño.

María José Moldes Rodal.

Empresa:

Francisco Javier Alfonsín Barreiro.

ACTA

En Vigo, nos locais da empresa, sendo as 21 horas do día 30 de xaneiro de 1995, reúnense os representantes dos traballadores e da empresa á marxe sinalados, co fin de proceder á sinatura do convenio.

Aberta a sesión, dáse lectura ó texto e anexo de categorías e salarios, sendo de conformidade das partes e procedéndose a seguir á súa sinatura.

E sendo este o único motivo da reunión, dáse por finalizada, sendo as 22 horas, do día anteriormente indicado, de todo o cal as partes dan fe coa súa sinatura.

Convenio colectivo da empresa adxudicataria de

prestación de servicios da piscina cuberta municipal

Ámbito de aplicación e persoal.

Artigo 1º

O presente convenio afecta a tódolos traballadores que presten servicios na empresa adxudicataria da prestación de servicios da piscina cuberta municipal de Vigo, na r/ Carmen s/n de Vigo; así como ás empresas adxudicatarias, actualmente Francisco Javier Alfonsín Barreiro.

Duración, vixencia e fórmula de denuncia.

Artigo 2º

Terá a duración de 1 ano, desde o 1-1-1995 ó 31-12-1995, entrando en vigor ós dez días da súa sinatura.

Entenderase prorrogado por anualidades, salvo denuncia por escrito con dous meses de anticipación ó seu vencemento ou a calquera das súas prórrogas.

Salarios.

Artigo 3º

Os salarios para 1995 son os que figuran na táboa anexa, podendo ser renovados por mutuo acordo entre as partes se se modifican as condicións na nova adxudicación.

Antigüidade.

Artigo 4º

Os aumentos por antigüidade serán calculados por trienios desde o ingreso na empresa, a razón do 5% de incremento sobre os salarios do convenio vixentes ó vencemento do dito período.

Pagas extras.

Artigo 5º

Os traballadores afectados por este convenio seguirán percibindo 4 pagas extras, podendo a empresa ratear mensualmente as correspondentes a abril e outubro, e debéndose aboa-las de xullo antes do 25 de xullo e a de Nadal antes do 25 de decembro.

Vacacións.

Artigo 6º

As vacacións desfrutaranse durante o mes de agosto para todo o cadro de persoal. Aqueles traballadores que por necesidades da empresa ou acordos as desfrutan en meses que non sexan de verán, terán dereito a dous días máis.

Incapacidade laboral.

Artigo 7º

Os traballadores afectados por este convenio percibirán o 100% do seu salario en caso de ILT, deri

vada de accidente de traballo ou enfermidade profesional. En caso de enfermidade común será preceptiva unha na revisión polos servicios médicos da empresa cando esta determine.

Xornada.

Artigo 8º

A xornada de traballo será de 36 horas e 45 minutos semanais.

Nocturnidade.

Artigo 9º

En canto á nocturnidade, regularase segundo a lexislación vixente. Non terán dereito ó incremento do 25%, os traballadores contratados especificamente para traballos nocturnos nin que presten os seus servicios de 7 a 24 horas.

Plus de distancia.

Artigo 10º

Aplicarase o disposto na lexislación vixente.

Licencias.

Artigo 11º

O persoal terá dereito a que se lle conceda permiso con percepcion dos salarios correspondentes nos seguintes casos e polo tempo que se exprese:

1. De 5 días por falecemento do cónxuxe, pais e fillos e pais do cónxuxe.

2. De 2 días por falecemento de irmáns, irmáns políticos, netos e avós.

3. De 1 día por falecemento de tíos e sobriños, carnais.

4. De 1 día por voda de fillos, bautizo e comuñón.

5. De 1 día por voda de irmáns, irmáns políticos, sobriños carnais e netos.

6. De 4 días por parte da esposa.

7. De 21 días por voda do interesado.

8. De 2 días por enfermidade grave de parentes ata o 2º grao de consanguinidade ou afinidade.

9. Polo tempo necesario, e nos supostos que marca a lei vixente, para concorrer a exames.

Cando o traballador teña que desprazarse a localidades distantes máis de 200 km da súa residencia, contará con 2 días máis en cada caso.

Excedencias.

Artigo 12º

Regularase pola lexislación vixente; poderase solicitar por períodos de 1 a 5 anos; a empresa deberá concede-la voluntaria no prazo de 30 días desde a súa solicitude. Os traballadores deberán solicita-lo reingreso con 30 días de anticipación, sendo obrigatoria para a empresa.

Toxicidade, penosidade e perigosidade.

Artigo 13º

Só se poderán considerar traballos de carácter tóxico, penoso ou perigoso os que supoñan manipulación

de máquinas ou substancias de tal carácter. Se é o caso, aboaranse os salarios cun incremento do 25%.

Revisión médica.

Artigo 14º

As ampresas afectadas polo presente convenio efectuarán ós seus traballadores unha revisión médica cada ano, sempre e cando esta veña solicitada a través dos delegados dos traballadores ou a petición dos mesmos traballadores se non houbese representante legal.

Roupa de traballo.

Artigo 15º

O persoal afectado polo presente convenio recibirá a cargo da empresa e por un ano:

Porteiros e vixilantes:

-Un traxe (chaqueta, pantalón, camisa e gravata).

-Dous pares de zapatos.

Mantemento e servicios:

-Dous uniformes completos adecuados a cada sección.

-Dous pares de zapatos.

O persoal que realice traballos no exterior será provisto pola empresa de roupa de abrigo e auga.

Este artigo afecta soamente ós traballadores fixos con máis de 4 meses na empresa e que cumpran xornada completa.

Os traballadores deberán entrega-la roupa usada a cambio da nova, en caso de ser solicitada pola empresa.

Compensacións extraordinarias.

Artigo 16º

Tódolos traballadores con 10 anos de antigüidade na empresa, cando se xubilen, recibirán como compensación extraordinaria dúas mensualidades de salario bruto.

Os traballadores que, por razón de incapacidade absoluta permanente, incapacidade laboral ou falecemento deixen de presta-los seus servicios na empresa, terán dereito a percibir dúas mensualidades do salario bruto.

Descanso dominical.

Artigo 17º

Dadas as especiais características das empresas efectadas polo presente convenio, tódolos traballadores destas terán dereito a que un domingo ó mes coincida cos seus días de descanso semanal, salvo adscrición voluntaria ou contratación específica.

No caso de que non se dea esta circunstancia, os traballadores terán como compensación un día máis de descanso semanal ó mes.

Mediante acordo entre a empresa e o traballador, este día de compensación poderase acumular ás vacacións.

Este artigo afectará soamente a aqueles traballadores que descansen menos de once domingos ó ano.

Traballos de distinta categoría.

Artigo 18º

O persoal da empresa poderá realizar traballos de categoría superior á súa por necesidade perentoria da empresa. Durante o dito período percibirase o salario da categoría superior, que se fará definitiva despois de dous meses consecutivos.

Polos mesmos motivos poderanse realizar traballos de categoría inferior por un máximo de un mes e mantendo o salario e categoría.

Deberán ser notificados os representantes dos traballadores.

Xubilación.

Artigo 19º

A xubilación será obrigatoria para os traballadores do dito centro ós 65 anos, podéndose xubilar voluntariamente de acordo coa lexislación vixente, unha vez cumpridos os 64 anos de idade.

Os traballadores que á entrada en vigor do presente convenio tivesen cumprida a idade establecida anteriormente disporán de 15 días para se xubilaren, sen prexuízo do establecido no artigo 16º se tivese dereito a ela.

Continuidade por cambio de empresa.

Artigo 20º

Primeiro.-No caso de cambio de empresa adxudicataria os traballadores da empresa saínte pasarán a estar adscritos á nova adxudicataria, quen se subrogará en tódolos dereitos e obrigas, sempre que se dea algún dos seguintes supostos:

a) Traballadores en activo que presten os seus servicios no dito centro cunha antigüidade mínima de 4 meses, sexa cal fora a modalidade do seu contrato de traballo.

b) Traballadores que no momento do cambio de titularidade da adxudicataria se encontren enfermos, accidentados, en excedencia, no servicio militar ou situación análoga, sempre e cando teñan prestado os seus servicios no centro obxecto de subrogación con anterioridade á suspensión do seu contrato de traballo e que reúnan a antigüidade mínima establecida no apartado a.

e) Traballadores que, con contrato de interinidade, substitúan algún dos traballadores nomeados na alínea anterior.

Segundo.-Tódolos supostos anteriormente considerados deberán ser acreditados verídica e documentalmente pola empresa saínte á entrante no prazo de 3 días hábiles, mediante os documentos que se detallan ó final deste artigo.

O prazo indicado contarase desde o momento en que a empresa entrante comunique veridicamente á saínte e ó Concello de Vigo se-la nova adxudicataria do servicio. De non cumpri-lo establecido

neste artigo e sen máis formalidades, subrogarase en todo o persoal que presta os seus servicios no centro de traballo.

En calquera caso, o contrato de traballo entre a empresa saínte e os traballadores só se extingue no momento en que se produza o dereito á subrogación do mesmo á nova adxudicataria.

Terceira.-A aplicación deste artigo será obrigatoria para as partes que vincula, empresa cesante, nova adxudicatajia e traballador.

Non desaparece o carácter vinculante deste artigo no caso de que a empresa adxudicataria do servicio o suspendese por un período inferior a dous meses. O dito persoal con tódolos seus dereitos adscribirase á nova empresa.

Documentos que lle facilitará a empresa saínte á empresa entrante

-Certificado do organismo competente de estar o día no pagamento á Seguridade Social.

-Fotocopia das 4 últimas nóminas mensuais 4 dos traballadores afectados.

-Fotocopia dos TC-1 e TC-2 das cotizacións á Seguridade Social dos 4 últimos meses.

-Relación de persoal na que se especifique nome e apelidos, domicilio, número de afiliación á Seguridade Social, antigüidade, xornada, horario, modalidade da súa contratación e data do desfrute das súas vacacións.

-Copia de documentos debidamente dilixenciados por cada traballador afectado no que se faga constar que este recibiu da empresa saínte a súa liquidación de partes proporcionais dos seus haberes ata o momento da subrogación, non quedando pendente cantidade ningunha. Este documento deberá estar en poder da nova adxudicataria na data do inicio do servicio como nova titular.

Remisión legal.

Artigo 21º

En todo o non previsto neste convenio aplicarase o disposto na regulamentación nacional de traballo e lexislación laboral e regulamentos vixentes de aplicación ás empresas afectadas.

Cadro de persoal mínimo.

Artigo 22º

O cadro de persoal mínimo virá determinado polos seguintes traballadores: 4 limpadores/as, 2 taquilleiros/as, 3 recepcionistas, 2 socorristas, 6 monitores/as, 1 coordinador/a de ensino, 1 encargado/a de mantemento, 1 médico/a ou ATS e 1 director/a técnico/a.

Os demais traballadores que cumpran os requisitos do artigo anterior terán a consideración de fixos-descontinuos.

Comisión mixta.'

Artigo 23'

Toda cuestión ou dúbidas de interpretación se someterá á comisión mixta do convenio, que estará

formada polo delegado e un traballador da comisión negociadora -se é o caso, representante da parte social elixido por maioría-, e pola patronal, o empresario ou o seu substituto e outra persoa elixida por el.

Estará validamente constituída con 4 persoas, e as votacións faranse por representación de igual número de compoñentes.