Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 1995 Páx. 2.792

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 1 de marzo de 1995 pola que se regula o réxime de subvencións ás centrais sindicais.

Advertido erro na Orde do 1 de marzo de 1995 pola que se regula o réxime de subvencións ás centrais sindicais publicada no DOG nº 49, do día 10 seguinte, consistente na omisión da transcrición do último parágrafo do artigo 19, cómpre face-la correspondente seguinte rectificación:

Na páxina 1.866, no artigo 19, debe engadirse un último parágrafo, do seguinte teor literal: «En todo caso as ditas xustificacións deberán presentarse antes do 15 de outubro de 1995».