Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 1995 Páx. 2.792

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza a establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4217 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Eléctrica de Valdriz, con domicilio na Coruña, en solicitude de autorización para instalar mellora da subministración na Pobra de San Xulián-Láncara, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Eléctrica del Valdriz, a instalación de liña de media tensión subterránea a 20 kV, de 140 metros de lonxitude, con apoios de formigón, con cable LA-56, entroncamento aéreo no C.T. colexio e C.T. Tranquilo, con enlace no poste número 5 da liña aérea de media tensión Valdriz-Moscán, con

cables unipolares de 15/25 kV, de 1x95 mm, de aluminio, designación UNE-R.H.V., para mellora do servicio na Pobra de San Xulián, no concello de Láncara.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 24 de febreiro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez