Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 1995 Páx. 2.784

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 1995, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade ó acordo da comisión de traballo creada para a aplicación do fondo de acción social do exercicio de 1994 e ás listas definitivas das axudas do dito fondo.

Concluídos os traballos de reparto e aplicación do fondo de acción social para 1994, e publicados por Resolución do 31 de outubro de 1994 da Dirección Xeral de Relacións Laborais (DOG nº 213, do 4 de novembro) e en uso das competencias atribuídas a esta dirección xeral no punto 6.2 dos criterios xerais que rexen para o fondo de acción social de 1994, procede dárlle-la debida publicidade ás listas definitivas das axudas do fondo e ó acordo final de concesión e distribución do citado fondo, unha vez que xa transcorrreron os prazos de alegacións previstos no punto 3 da Resolución do 25 de xaneiro de 1995 (DOG nº 20, do 30 de xaneiro) e no punto 5 da Resolución do 10 de febreiro de 1995 (DOG nº 31, do 14 de febreiro).

Polo tanto, dándolle cumprimento ó acordo da Mesa Xeral de Negociación e ó disposto na Resolución do 31 de outubro de 1994, esta dirección xeral,

DISPÓN:

Primeiro.-Que se publique no Diario Oficial de Galicia, como anexo á presente resolución, a distribución final da concesión das axudas do fondo de acción social para o exercicio de 1994.

Segundo.-Aprobar e publica-las listas definitivas das axudas recollidas na Resolución do 31 de outubro de 1994, que estarán expostas nos taboleiros de anuncios de tódalas consellerías así como nas súas delegacións provinciais e relativas ó seu persoal.

Contra a presente resolución poderán os interesados interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo de un mes contado desde a data da publicación da presente resolución de acordo co previsto no arti

go 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro).

Santiago de Compostela, 3 de abril de 1995.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública