Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 1995 Páx. 2.784

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 87/1995, do 16 de marzo, polo que se regula a admisión de alumnos nos centros sostidos con fondos públicos de educación infantil, de educación primaria e de educación secundaria.

Advertidos erros no devandito decreto, publicado no DOG nº 61, do pasado 28 de marzo, cómpre face-las oportunas correccións:

-Nas páxinas 2.290 e 2.292, onde di: «Decreto 87/1995, do 10 de marzo,...», debe dicir: «Decreto 87/1995, do 16 de marzo ...».

-Nas páxinas 2.292 e 2.294, onde di: «...dez de marzo...», debe dicir: «...dezaseis de marzo...».