Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 1995 Páx. 2.784

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

PRESIDENCIA

LEI 2/1995, do 31 de marzo, pola que se lle dá nova redacción á disposición derrogatoria única da Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia.

Advertido erro na redacción da disposición derrogatoria única da Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia, e esgotado o procedemento lexislativo do que trae cause, faise necesario iniciar un novo, ó abeiro do artigo 134.1º do Regulamento do Parlamento de Galicia, co fin de proceder á súa corrección.

Por todo o exposto, o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co artigo 13.2º do Estatuto de Galicia e co artigo 24 da Lei 1/1983, do 23 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, promulgo, en nome de El-Rei, a lei pola que se lle dá nova redacción á disposición derrogatoria única da Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia.

Artigo único.

A disposición derrogatoria única da Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia, queda redactada do seguinte xeito:

«Disposición derrogatoria única

Quedan derrogadas cantas disposicións, de igual ou inferior rango, se opoñan ó disposto nesta lei».

Disposición derradeira

A presente lei entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trinta e un de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente