Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 1995 Páx. 2.779

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do proxecto de urbanización na U.A. II do PERI 11-03 Castro Castriño.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, con data 14 de febreiro de 1995, o proxecto de urbanización na U.A. II do PERI II-03 Castro Castriño (3853/401) presentado por Promotora Vigolar, S.A., redactado polos arquitectos Cordeiro, Davila e Jiménez, con visado do COAG do 10 de outubro de 1994; sométese a información pública polo prazo de quince días hábiles con anuncios no Diario Oficial de Galicia, BOP, Faro de Vigo e taboleiro de anuncios da Casa do Concello, con notificación persoal ós propietarios do ámbito.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días, contados desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

De non presentarse ningunha alegación na exposición pública, o proxecto, automaticamente, considerarase aprobado definitivamente, sempre que non se produzan alegacións á aprobación inicial do estudio de detalle.

O que se fai público para xeral coñecemento, significando que a documentación se atopa na oficina municipal de información para exame e alegacións.

Vigo, 30 de marzo de 1995.

Carlos A. González Príncipe

Alcalde