Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 1995 Páx. 2.779

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXA DE AFORROS PROVINCIAL DE OURENSE

ELECCIÓN de conselleiros xerais representantes dos depositantes.

De conformidade co disposto no artigo 14º a), do Regulamento de procedemento para a designación dos membros dos órganos de gobemo da Caixa de Aforros Provincial de Ourense, fáise público que,

entre as 10 e as 16 horas do próximo día 21 de abril, celebrarase no salón de sesións da entidade (Rúa do Paseo, 6, Ourense), o acto de votación para elixir a 16 conselleiros xerais, representantes dos depositantes da caixa na súa asemblea xeral, segundo acordo adoptado pola comisión electoral na súa sesión de data 3 de abril de 1995.

A relación nominal de compromisarios permanecerá exposta nas oficinas da caixa, ata o día da votación.

A relación aterase ás normas do Regulamento de procedemento para a designación dos membros dos órganos de goberno da caixa.

En especial deberán ser tidas en conta as seguintes regras:

1ª. Cada compromisario votante poderá elixir a calquera dos compromisarios incluídos na relación nominal correspondente á súa circunscrición electoral.

Nos espacios destinados para tal efecto da papeleta de votación, os votantes da circunscrición electoral da provincia de Ourense escribirán os nomes e apelidos de 15 compromisarios, como máximo, da súa propia circunscrición ós que elixan para acceder ó cargo de conselleiro xeral; os da circunscrición de Pontevedra escribirán unicamente un nome dos incluídos na respectiva circunscrición.

2ª. Tanto as papeletas coma os sobres a utilizar na votación, confeccionados segundo o modelo previamente aprobado, estarán á disposición dos compromisarios no local onde se realice a votación.

3ª. A votación será persoal e secreta.

4ª. O dereito a votar nace unicamente da inscrición na relación nominativa de compromisarios.

O votante acreditará a súa personalidade exihibindo o seu DNI ou calquera outro documento que faga fe.

5ª. Consideraranse nulas as seguintes papeletas:

-As que figuren por duplicado nun mesmo sobre.

-As que estean en branco.

-As inintelixibles a xuízo da mesa. Se existisen dúbidas sobre a identificación dalgún nome, anularase o voto correspondente ó mesmo, considerándose válidos os restantes da papeleta. Igual criterio se aplicará cando figure algún nome non incluído na relación nominal de compromisarios, ou que pertenza a circunscrición distinta do votante.

6ª. Calquera compromisario, a título exclusivamente persoal, poderá, ata o momento da votación, dirixirse ós restantes compromisarios, expoñendo as súas circunstancias e programa. Para estes efectos, a entidade facilitará a difusión dos impresos subministrados polo compromisario, poñendo exemplares suficientes do mesmo á disposición dos restantes compromisarios nos locales da entidade, ata o momento en que empece a votación.

Ourense, 3 de abril de 1995.

David Ferrer Garrido

Presidente da Caixa de Aforros Provincial de

Ourense

Presidente da Comisión Electoral