Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 1995 Páx. 2.779

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOAÑA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, na súa sesión do 5 de abril de 1995, acordou modifica-las bases particulares para a selección de tres gardas da policía local, publicadas no BOP do 27 de febreiro de 1995 e no DOG do 3 de marzo de 1995 do seguinte xeito:

A) Base 4. Onde di: «Procedemento selectivo: concurso-oposición», debe dicir: «Procedemento selectivo: oposición libre». Suprímese toda referencia ó concurso na citada base.

B) Suprímese o sustantivo «fase» ó facer referencia á oposición.

C) Engádese nas probas da oposición un exercicio D) con dous apartados: a) Exame psicotécnico e b) Recoñecemento médico.

D) Base 6: engádese: «Cada un dos apartados do exercicio D) calificarase de apto ou non apto sendo eliminados os que non acadarán a calificación de apto en cada un deles».

E~ Base 7: «Cualificación final» queda redactada do seguinte xeito: «A cualificación final será a que resuelte da suma das puntuacións acadadas na oposición, non podendo o tribunal propoñer para o seu nomeamento máis de tres aspirantes».

Xa que logo, faise público para xeral coñecemento e ábrese un novo prazo de presentación de instancias, durante vinte días naturais, a partir da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Moaña, 5 de abril de 1995.

O alcalde