Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 1995 Páx. 2.779

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, sobre modificación da Sociedade Agraria de Transformación Montes de Trueba S.A.T. número 853.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta secretaría xeral e para xeral coñecemento, acórdase publica-la modificación da sociedade agraria de transformación, conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto e á orde da Consellería de Agricultura do 29 de abril de 1988, inscrita no Rexistro de SS.AA.TT. de Galicia que se cita.

A modificación de:

A Sociedade Agraria de Transformación Montes de Truebe S.A.T. nº 853 XUGA, na asemblea xeral celebrada o 27-5-1994 acordan por unanimidade admiti-la solicitude de 74 novos socios, pasando de 72 socios a 146 socios producíndose un aumento de capital social definitivamente fixado en 146.000 ptas.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 1995.

Antonio Luis Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Montes