Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 1995 Páx. 2.778

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de poxa, das obras de clave PE-94.26 Tordoia e PE-94.27 Carballo.

A) Obra.

-Clave: PE-94.26 Tordoia.

Obra: instalación de alumbrado público en A Tablilla.

Orzamento: cinco millóns catrocentas noventa e seis mil oitocentas trinta e sete pesetas (5.496.837 pesetas).

Prazo de execución: seis meses.

Clasificación: non se esixe.

Fianza provisional: cento nove mil novecentas trinta e sete pesetas (109.937 ptas.)

-Clave: PE.94.27 Carballo

Obra: acondicionamento da travesía AC 414 camiño de Carballo a Buño. Tramo de Carballo. Urbanización rúa da Fábrica.

Orzamento: trece millóns duascentas noventa e sete mil duascentas setenta e catro pesetas (13.297.274 ptas.).

Prazo de execución: seis meses.

Clasificación: non se esixe.

Fianza provisional: duascentas sesenta e cinco mil novecentas corenta e cinco mil pesetas (265.945 ptas.).

(Declarada urxente con base no establecido no artigo 26 da Lei de contratos do Estado e a 32 Lei 6/1994, da Comunidade Autónoma galega).

B) Documentos de interese para os licitadores.

0 prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estarán de manifesto e á dispor dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Servicio Provincial de Contratación, edificio administrativo de Monelos, 8º andar, na Coruña.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no Real decreto 1883/1979, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita fianza poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposicións.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se lle xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro da Delegación Provincial da Coruña da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola Mesa de Contratación ás doce horas do tercer día natural, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

0 importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

A Coruña, 30 de marzo de 1995.

P.D. (Orde 30-1-1995)

Jesús Almuíña Loeda

Delegado provincial da Coruña