Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 1995 Páx. 2.777

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 1995, da Secretaría Xeral para o Turismo, de adxudicación de contratación do expediente relativo á impresión e edición, no ano 1995, de seis números dunha revista de promoción turística de Galicia que divulgue, sen límite xeográfico, os atractivos turísticos da nova Comunidade autónoma no seu espectro máis amplo.

Considerando que con data 2-2-1995 se interviu un gasto de 81.000.000 de ptas. para a contratación da impresión e edición, no ano 1995, de seis números dunha revista de promoción turística de Galicia que divulgue, sen límite xeográfico, os atractivos turísticos da nosa Comunidade Autónoma no seu espectro máis amplo.

Considerando que a Mesa de Contratación, constituída para a mencionada contratación, acordou, por unanimidade, proponer como adxudicatario do concurso de contratación a Artes Gráficas Portela, S.L. por importe de cincuenta e nove millóns trescentas vinte mil (59.320.000) pesetas.

Considerando que a oferta de Artes Gráficas Portela, S.L. é axeitada para os intereses da Administración de acordo cos criterios básicos que para adxudicar se establecen no apartado 3.2.5 do prego de prescricións administrativas e, con carácter xeral, no prego de prescricións técnicas.

Resultando que lle corresponde ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proceder á adxudicación dos contratos consonte o sinalado no artigo 34 da Lei da Xunta e o seu presidente.

Resultando que ó abeiro da orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 21-5-1990 a competencia de contratación a ten asumida, por delegación, o secretario xeral para o Turismo.

É polo que,

RESOLVO:

Adxudicarlle o contrato relativo á impresión e edición, no ano 1995, de seis números dunha revista de promoción turística de Galicia que divulgue, sen límite xeográfico, os atractivos turísticos da nosa Comunidade Autónoma no seu espectro máis amplo a Artes Gráficas Portela, S.L. por un importe de cincuenta e nove millóns trescentas vinte mil (59.320.000) pesetas, ó considerar que a oferta realizada é axeitada para os intereses da Administración.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 1995.

P.D. (Orde 21-5-1990)

Francisco García-Bobadilla Prósper

Secretario xeral para o Turismo

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E

VIVENDA