Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 1995 Páx. 2.777

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 1995, da Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto da canteira de granito Seadur.

0 artigo 2, punto 4, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), dispón que o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, durante quince días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Someter a información pública, no prazo de quince días hábiles, contando a partir da publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais do proxecto da canteira de granito Seadur, situa

da nas paraxes de Montemeao, no lugar de Seadur, concello de Larouco, provincia de Ourense.

2. Para os devanditos efectos informativos, porase, á disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:

-Secretaría xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.

-Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública (Comisión Provincial de Medio Ambiente) da provincia de Ourense.

-Concello de Larouco.

3. As alegacións formularanse durante o dito prazo de quince días.

4. Unha vez rematado o mencionado prazo, remitirase o expediente coas correspondentes alegacións á Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 1995.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Comisión Galega do Medio

Ambiente