Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 1995 Páx. 2.776

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (124/1992).

Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado do meu cargo se seguen autos de executivo número 124/1992, seguidos por instancia de Banco Central Hispanoamericano, S.A., representado pola procuradora María Jesús Fernández Rial López, contra Roberto Arnejo Noya, Teresa Julia Domínguez Ameneiro, Roberto Arnejo García, Avelina Noya Cerqueiro, Daniel Gil Seoane, Carmen Pérez Leis, Manuel Gil Pérez e Robergil, S.L., cun domicilio que se ignora, sobre reclamación de certa cantidade. E nos ditos autos dictouse sentencia cun encabezamento e decisión que son do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o vinteseis de maio de mil novecentos noventa e catro. Vistos por S.Sª. os presentes autos de exceutivo número 124/1992, seguidos por instancia de Banco Central Hispanoamericano, S.A., con DNI/CIF A-28000446, domiciliado na rúa Alcalá, 49 (Madrid), representado pola procuradora María Jesús Fernández Rial López, contra Roberto Arnejo Noya, Teresa Julia Domínguez Ameneiro, Roberto Arnejo García, Avelina Noya Cerqueiro, Daniel Gil Seoane, Carmen Pérez Leis, Manuel Gil Pérez e Robergil, S.L. Decido que, estimando integramente a demanda interposta pola procuradora María Jesús Fernández Rial y López, en representación de Banco Central Hispanoamericano, S.L., debo mandar e mando seguir adiante a execución dos bens embargados ós demandados Roberto Arnejo Noya, Teresa Julia Domínguez Ameneiro, Roberto Arnejo García, Avelina Noya Cerqueiro, Daniel Gil Seoane, Carmen Pérez Leis,

Manuel Gil Pérez e Robergil, S.L., ata facer remate deles e co seu producto enteiro e cumprido pagamento ó acredor da suma de 4.884.848 ptas., por principal debido á executante como capital e xuros producidos mailo xuro legal ata que se fixer efectivo pagamento do principal, condenando así mesmo á dita parte demandada ó pagamento das custas causadas e que se causen ata a súa total e completa liquidación, as cales foron orzadas en 4.500.000 ptas., o que suma un total de 9.384.848 ptas. Envíese testemuño desta sentencia ós autos de que dimana e notifíquese ó demandado rebelde na forma ordinaria de non solicita-la demandante a notificación persoal no termo de tres días, e faise saber ás partes que contra esta resolución se poderá interpor recurso de apelación perante a Audiencia Provincial da Coruña no termo de cinco días. Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado e rubricado».

E para que sirva de notificación en forma á parte demandada Roberto Arnejo Noya, Teresa Julia Domínguez Ameneiro, Roberto Arnejo García, Avelina Noya Cerqueiro, Daniel Gil Seoane, Carmen Pérez Leis, Manuel Gil Pérez e Robergil, S.L., emítese este edicto en Santiago de Compostela o dezanove de setembro de mil novecentos noventa e catro.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado