Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 1995 Páx. 2.776

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (459/1990).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 4 de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos dos que se fará mención se dictou sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que din así:

En Santiago de Compostela o vintesete de setembro de mil novecentos noventa e catro.

Vistos por S.Sª. os presentes autos de xuízo verbal executivo número 459/1990, sobre impagamento dunha póliza de préstamo, sendo demandante a entidade Banco de Crédito Industrial, S.A., baixo a representación procesual do procurador García Piccoli Atanes, e a defensa letrada de José Pedro Moreno González, e aparecendo como parte demandada José Ricardo Bartolomé Díaz, María del Carmen Castro López, Inmaculada Nazaret Castro, Ramón Castro Pico e Juan José Delgado Domínguez, maiores de idade, o último deles baixo a representación procesual da procuradora Sánchez Silva e a defensa letrada de Antonio Amado Domíguez.

Decido que desestimando a excepción alegada por Juan José Delgado Domínguez, debo estimar e estimo integramente a demanda interposta polo procurador García Piccoli Atanes, en nome e representación da entidade Banco de Crédito Industrial, S.A., mandando segui-la execución cara adiante contra José Ricardo Bartolomé Díaz, María del Carmen Castro López, Inmaculada Nazaret Castro López, Ramón Castro Pico e Juan José Delgado Domínguez ata facer remate dos bens embargados, e dos que no sucesivo poidan embargarse á demanda, e co seu producto facer completo e enteiro pagamento á actora da suma reclamada de principal por importe de dous millóns cincocentas vinteunha mil catrocentas corenta e una pesetas (2.521.441 ptas.), máis centro tres mil oitocentas noventa e cinco pesetas (103.895 ptas.) de

xuros, comisións e demora devangados, e que se devenguen, e setecentas mil pesetas (700.000 ptas.) máis que se calculan para custas, sen prexuízo de ulterior liquidación, coa imposición de custas á parte demandada.

Notifíqueselle esta sentencia ó demandado rebelde, de conformidade co establecido no artigo 769 da LAC.

Advírtaselles ás partes que esta sentencia non e firme e que contra ela cabe interponer recurso de apelación por escrito perante este xulgado dentro do prazo de cinco días, contados a partir da súa notificación e perante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para que lle sirva de notificación en forma ó demandado en rebeldía José Ricardo Bartolomé Díaz, María del Carmen Castro López e Inmaculada Nazaret Castro López, expido e asino esta cédula de notificación en Santiago de Compostela o vintedous de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado