Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 1995 Páx. 2.775

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (157/1994-01).

Salvador Sanz Crego, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido fai saber que neste xulgado tramítase xuízo de faltas número 157/1994, por instancia de María Salomé Varela Nande, contra Juan Carlos Blanco Iglesias, e nas actuacións dictouse sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva literalmente di así:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela o dezaoito de outubro de mil novecentos noventa e catro. Salvador P. Sanz Crego, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, logo de ver en xuízo oral e público o expediente de xuízo de faltas número 157/1994, sobre furto, no que foron partes, como denunciantes, María Salomé Varela Nande, maior de idade, veciña de Boqueixón, con domicilio en Vilar-Lestedo, e como denunciados, Juan Carlos Blanco Iglesias, maior de idade e actualmente en paradoiro descoñecido, de quen constan nos autos as circunstancias persoais, e o Ministerio Fiscal, pronuncio esta sentencia (...).

Decido: condeno a Juan José Blanco Iglesias, como autor responsable dunha falta frustrada de furto do artigo 587-1 do Código Penal, á pena de un día de arresto menor e o pagamento das custas procesuais causadas nesta instancia.

Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación por escrito, presentado ante este xulgado no prazo de cinco días, contado desde a notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación a Juan Carlos Blanco Iglesias, expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o dezaoito de novembro de mil novecentos noventa e catro.

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE

SANTIAGO DE COMPOSTELA