Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 1995 Páx. 2.775

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (487/1993).

En virtude do acordado en resolución dictada por este Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, coñecendo nos autos de proceso de cognición que se segue neste xulgado co número 487 do 1993, por instancia da entidade Banco Central Hispanoamericano, S.A., representado pola procuradora Fernández Rial López, sobre reclamación de cantidade; pola presente cédula emprázase a demandada María del Rocío Pérez García, veciña de Teo, con domicilio na rúa Cerdeira, número 94, baixo urbanización Os Tilos, actualmente en paradoiro descoñecido, para que no improrrogable termo de nove días compareza nos autos, baixo apercibimento de ser declarada en rebeldía e de pararlle os demais prexuízos a que houber lugar en dereito.

E para que sirva de emprazamento en forma á devandita demandada, María del Rocío Pérez García, a quen se lle fai saber que as copias de demanda e documentos se atopan á súa disposición na secretaría deste xulgado, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vintecinco de febreiro de mil novecentos noventa e catro.

Gonzalo Cabaleiro de Saa

Secretario xudicial