Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 1995 Páx. 2.775

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación de remate (566/1992).

En virtude do acordado en resolución do día da data dictada no xuízo executivo que se segue neste xulgado co número 566/1992, por instancia de Banco Central Hispanoamericano, representado pola procuradora Fenández Rial contra Ana María Fernández March, por medio da presente cédula cítase de remate á demandada Ana María Fernández March, da que se descoñece o domicilio actual, para que no termo de nove días compareza en forma en autos e se opoña á execución se lle convén.

Faise constar que se efectuou o embargo de bens suficientes da súa propiedade sen previo requirimento de pagamento por ignorarse o seu paradoiro.

Notifícase por medio da presente cédula a existencia do procedemento ó esposo da demandada, Luis Gonzalo Pérez López, para os efectos do artigo 144 do R.L.H.

E para que sirva de citación de remate, expido a presente cédula que asino e selo en Santiago de Compostela o quince de novembro de mil novecentos noventa e tres.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE

SANTIAGO DE COMPOSTELA