Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 1995 Páx. 2.774

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ORDES

EDICTO (17/1993).

Inmaculada Rodríguez Mahía, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ordes, certifico que no xuízo de cognición nº 17/1993 se dictou sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Ordes o dezaseis de setembro de mil novecentos noventa e catro.

Vistos por María Luisa Cardesín Díaz, xuíza de primeira instancia e instrucción deste partido xudicial, os presentes autos civís de xuízo de cognición, rexistrados baixo o número 17/1993, dos deste xulgado, tramitados por instancia de Manuel Suárez Fuentes, maior de idade, casado, veciño de Oroso, con domicilio na parroquia de Sigüeiro, Avda. de Compostela, 52, representado polo procurador Antonio Cuns Núñez e asistido do letrado Blanco Morgadas Lago, contra Pedro Angel Cruz Pacheco, maior de idade, veciño da Coruña, con domicilio en San Pedro de Visma, rúa Avda. dos Rosales, número 3-2º, declarado en rebeldía pola súa incomparecencia en autos, resolvo:

Que, estimando integramente a demanda formulada polo procurador Antonio Cuns Núñez, en nome e representación de Manuel Suárez Fuentes, contra Pedro Ángel Cruz Pacheco, declarado en rebeldía nestes autos, debo declarar en declaro que o dito

demandado lle debe ó actor a cantidade de duascentas corenta e catro mil trinta e catro pesetas (244.034 pesetas), condenándoo ó pagamento da citada cantidade en concepto de principal, máis os xuros legais, desde a data do seu emprazamento e con aplicación do disposto no artigo 921 da LAC a partir da data desta sentencia, con expresa imposición das custas causadas ó demandado.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes, facéndolles sabe-lo dereito que contra ela poden interpoñer recurso de apelación perante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo dos cinco días seguintes ó da sús notificación, que deberá presentarse perante este xulgado.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación ó demandado en situación, Pedro Ángel Cruz Pacheco, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, que asino en Ordes o un de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO

DE COMPOSTELA