Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Economía e Facenda, por Orde do 16 de xuño de 1994 (DOG nº 120, do 23 de xuño de 1994)
en uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15.4º e de conformidade co disposto no anigo 27.2º da referida lei e demais normativa vixente, esta consellería,
DISPÓN:
Primeiro.-Declarar deserto o posto de xefe de Servicio de Análise e Sistemas de Financiamento da Dirección Xeral de Presupostos, de conformidade coa base sexta da convocatoria.
Segundo.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicación a esta consellería da vontade de interpoñelo.
Santiago de Compostela, 3 de abril de 1995.
P.D. (Orde 13-12-1993)
Emilio Álvarez Rey
Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería
de Economía e Facenda